Cabecera experiencia

Festa da Lagosta: unha fin de semana de sabor a mar

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Sur Costa Sur
A Guarda celebra a XXVII edición deste evento gastronómico do 30 de xuño ao 2 de xullo. Tradicionais sempre nas súas mesas durante todo o ano, os froitos do mar cobran especial relevancia nesta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia. Unha obriga para todas as persoas amantes do bo comer.

Mariscos e peixes protagonizan a gastronomía das Rías Baixas. En cada localidade os froitos do mar visten de gala os pratos, buscados por veciñas e veciños da zona e especialmente polos que visitan a provincia de Pontevedra. Aínda que estes manxares son célebres nas receitas locais durante todo o ano, a multitude de festas gastronómicas que teñen lugar nos meses de máis calor fai que cobren especial relevancia. A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira é unha delas; espérate na Guarda os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.

O evento, que se desenvolve sempre a primeira fin de semana de xullo e foi declarado de Interese Turístico de Galicia, é moito máis que unha homenaxe culinaria á lagosta e a outros peixes e mariscos. O seu cartel integra, ano tras ano, cultura, tradición, actuacións musicais, espectáculos infantís ou visitas guiadas. Durante estas tres xornadas A Guarda convértese en epicentro das tradicións máis propias das Rías Baixas e nun tributo á vida mariñeira.

Por suposto, os restaurantes desta localidade de Pontevedra son outro punto neurálxico da celebración. Sobre a mesa, moitos son os convidados a unha festa cuxo protagonista é o aplaudido crustáceo da Guarda: percebes, peixe sapo, lagostinos, mexillóns, ameixas, navallas, vieiras, zamburiñas, gambas ou polbo destacan en numerosas elaboracións coma empanadas, paellas, espetadas ou tortillas.

A abundancia da lagosta nas costas da Guarda impulsou a organización desta festa á que hoxe acoden decenas de comensais. No menú non faltan os viños das Rías Baixas e as sobremesas tradicionais, entre as que destacan o roscón de xema ou as filloas.

Para ver e percorrer

No discorrer do Camiño Portugués da Costa, ademais de polo bo comer, esta vila mariñeira destaca polas súas vistas e recursos turísticos: casas indianas, fortalezas, contornas de interior e paisaxes fluviais suman atractivo a un municipio coñecido especialmente polo poboado castrexo de Santa Trega, un dos maiores enclaves arqueolóxicos da provincia de Pontevedra.

Programa 2017

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Verán
Onde...
Costa Sur