Cabecera experiencia

O museo do castelo de Soutomaior

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Outono Outono Icono Inverno Inverno Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Costa Norte Costa Norte Icono Costa Sur Costa Sur Icono Interior Norte Interior Norte Icono Interior Sur Interior Sur

O castelo de Soutomaior emprende unha nova etapa como referente patrimonial, cultural e turístico da provincia de Pontevedra despois de dez séculos de dominio do territorio ao fondo da ría de Vigo. A impoñente fortaleza conta desde agora cun ambicioso espazo museístico que amosa de maneira entretida e didáctica, cun uso de audiovisuais e outros medios punteiros, información acerca da súa historia, dos  e das personaxes ilustres que a habitaron, a súa importancia en Galicia e a integración no seu fermoso contorno paisaxístico.

O proxecto expositivo céntrase en dez eixes: a presenza da fortaleza na contorna desde a súa orixe; o valor da localización para o control do territorio; a destrución por parte dos Irmandiños; o papel dunha figura lendaria coma Pedro Madruga; a fortaleza como centro de poder; a hipótese da orixe galega de Cristóbal Colón; a liñaxe dos Sotomayor; a transformación do castelo nun palacio residencial; a apaixonante figura da escritora e defensora da muller María Vinyals; e as reformas arquitectónicas realizadas ao longo da vida do castelo.

Na exposición utilízanse técnicas vangardistas, con sete audiovisuais, recreacións en 3d, un videomapping e varias caixas máxicas

O percorrido, que se inicia unha vez superada a ponte levadiza e que ten unha duración estimada de 45 minutos, realizarase a través das técnicas máis vangardistas de musealización, con sete audiovisuais, recreacións en 3d, videomapping e caixas máxicas. Ademais, alternarase a visita con contidos de carácter didáctico para pór a proba o enxeño, principalmente dos máis pequenos e pequenas.

 El museo del castillo de Soutomaior
 El museo del castillo de Soutomaior

As caixas máxicas son un dos grandes atractivos deste entretido e ameno itinerario pola fortaleza. A través dun xogo de luces e espellos achéganlles á e ao espectador as formas de vida dalgúns dos personaxes ligados á historia do castelo.

O videomapping, un dos recursos máis sorprendentes de toda a exposición e que se atopa na Torre de Homenaxe, narra a historia de Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido como Pedro Madruga, o lendario nobre vinculado á fortaleza, sobre quen ademais existe a teoría de que podería ser o verdadeiro Cristóbal Colón. Nunha das salas preséntanse as claves sobre a posible vinculación do navegante coa liñaxe dos Sotomayor.

Audiovisuais, fotografías de alta resolución, actuais e históricas, facsímiles de documentos históricos, fitos cronolóxicos, unha maqueta sobre a que se proxectan de maneira cenital diferentes elementos da paisaxe natural e cultural, e tres sobre distintos momentos históricos do castelo, transportarannos nunha viaxe sensorial ao longo de diferentes épocas desde hai case mil anos.

Nova web e adquisición de entradas

O castelo de Soutomaior estrea unha páxina web con información sobre a fortaleza e o percorrido da musealización a través das diferentes salas. 

Os contidos museísticos complementan á perfección a beleza da fortaleza e os seus xardíns. Esperámosvos no castelo de Soutomaior para vivir unha experiencia única!!

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur