Cabecera experiencia

Lanzándolle o anzol á troita no río Verdugo

Buscador
Gozar con...
Icono Parella Parella Icono Grupo Grupo Icono Só Icono Familia Familia
Cando ir...
Icono Primavera Primavera Icono Verán Verán
Onde...
Icono Interior Norte Interior Norte Icono Interior Sur Interior Sur
Se che gusta a pesca fluvial, as Rías Baixas ofrécenche a experiencia dun conxunto de actividades que unifican pesca, natureza, gastronomía e cultura. Aválana case cincuenta anos de tradición coa Festa da Troita en Ponte Caldelas.

Cada mes de maio o municipio de Ponte Caldelas prepárase para celebrar a Festa da Troita, un fin de semana cheo de actividades relacionadas con esta arte. Por iniciativa dun grupo de persoas afeccionadas á troita, a localidade comezou a ser coñecida pola protagonista do seu río e cada vez reúne a máis participantes.

Realízase un concurso internacional de pesca, nada menos que na praia fluvial da Calzada, recentemente galardoada coa Bandeira Azul. Os medios de comunicación aproveitan esta contorna para seguir a competición xunto coas cada vez máis numerosas persoas que asisten.

Durante o sábado e o domingo degústanse racións de troita ata finalizar as existencias, preparadas pola hostalería local e principalmente no lugar habilitado para este fin: a alameda á beira do río. Ten moita sona o showcooking no que tanto as cociñeiras como os cociñeiros locais dan mostra ante o público do seu bo facer con este produto.

Como curiosidade, en cada edición editouse un Libro da Festa da Troita, no que se recolle unha acta dos acontecementos, as normas do concurso de pesca e o programa de actividades do ano no que se edita. Este afán por deixar plasmada a historia e repercusión de cada ano maniféstase máis aínda na presenza coa que se viu honrada Ponte Caldelas: Álvaro Cunqueiro, Xosé Filgueira Valverde, Celso Emilio Ferreiro ou Chano Piñeiro entre outros foron algúns dos recoñecidos personaxes que mostraron interese por esta festa.

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Primavera Verán
Onde...
Interior Norte    Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos