As Rías Baixas ao galope

Buscador
Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   
Ao chegar a Vigo saberás que estás entrando no auténtico corazón da cidade cando vexas ao lonxe o grupo escultórico Os cabalos, de Juan José Oliveira, na praza de España. Trátase dun animal recorrente neste autor, responsable tamén de que apareza na fachada do teatro vigués García Barbón e do monumento dos cabalos salvaxes a tamaño natural que miran ao río Miño desde o paseo peonil da vila de Tui.

Existen tradicións nas Rías Baixas que están ligadas ao mundo equino e que se converteron en auténticas festas de interese turístico internacional. A doma de cabalos salvaxes, que marca a chegada da calor e vive o seu máximo esplendor en Sabucedo (A Estrada), é coñecida como curro ou rapa das bestas. A provincia de Pontevedra leva a palma en canto ao número de localidades que celebran esta festa durante os domingos de maio a agosto: ademais de en Sabucedo, celébrase en Valga, Torroña e Mougás (Oia), Morgadáns e Donas (Gondomar), Amil (Moraña), monte Castelo (Cotobade) e A Paradanta (A Cañiza).

Algunhas destas festas están consagradas a santos e outras son festas laicas rodeadas de grande animación. O certo é que as rapas ou curros reúnen cada vez a un maior número de persoas atraídas polo espectáculo do ser humano (aloitadoras e aloitadores) fronte ao animal (cabalos que percorreron salvaxes e libres os montes o resto do ano). Os equinos son pastoreados monte abaixo e cercados nos denominados curros, construcións de pedra ou cercas de madeira, onde se apiñan rodeados de centos de curiosos. Alí desparasítanse, córtanselles as colas e as crinas e márcase aos exemplares novos. Finalmente son domados, entre as aclamacións do público, nunha espectacular batalla corpo a corpo entre ser humano e animal, plasmada ano tras ano en marabillosas fotografías.

Nas Rías Baixas podes atopar cabalos salvaxes en liberdade en moitos montes, coma por exemplo nas áreas recreativas de Chan da Lagoa (Baiona) e Chan da Arquiña (Moaña), no Parque da Natureza de Cotorredondo (Marín) ou no miradoiro de Morañó (Campo Lameiro). Nestas zonas, e noutras moi próximas a núcleos urbanos, existen varias escolas de hípica, picadeiros ou empresas multiaventura coas que podes contratar distintos tipos de actividades: bautizo hípico, rutas de diferente duración e adaptadas ao teu nivel, clases de equitación ou excursións por parques naturais ou zonas de interese turístico. 

Empresas de Turismo Ecuestre:

Calendario de festas ecuestres ancestrais (curros ou rapa das bestas):

Para máis información sobre estas festas preme na seguinte ligazón:

 Ver experiencia "A rapa das bestas"

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur    Interior Norte    Interior Sur   
Recursos da experiencia
Recursos da experiencia
Recursos próximos
Recursos próximos