Bota as redes en Rías Baixas

Buscador
As rías de Arousa, Pontevedra y Vigo, coñecidas pola cantidade e calidade do seu marisco e do seu peixe, son un destino inexcusable se che gusta gozar destes manxares. Pero, ademais, a posibilidade de gozar en primeira persoa do procedemento de captura, selección ou preparación fará das Rías Baixas, o seu mar e as súas praias un ambiente inigualable.

Todo un conxunto de actividades relacionadas coa cultura do traballo no mar converteuse hogano no denominado "turismo mariñeiro", grazas á unión de esforzos entre asociacións e confrarías para dar a coñecer o seu traballo.

Co tempo os seus obradoiros e excursións medraron e destacaron polo seu atractivo e interese, igual que medrou o número de turistas que gozan desta experiencia. En trazos xerais, este tipo de turista ten curiosidade pola vida diaria dos lugares que visita, respecta a idiosincrasia da súa cultura e está interesado en coñecer a procedencia do que aparece nos menús.

Poderás comezar o día ben cedo visitando as lonxas de altura, as dos grandes barcos con toneladas de capturas e as súas frenéticas poxas a viva voz, ademais de gozar da relativa calma das pequenas lonxas das localidades mariñeiras, rodeadas dun universo propio de persoas traballadoras e de oficios. Será inevitable esculcar e achegarse ás carpinterías de ribeira ou aos almacéns de redes, onde se realizan tarefas fundamentais e imposibles de substituír por máquinas.

Subirse a bordo dun barco e asistir á extracción do mexillón de batea pode que termine co premio deste delicioso produto preparado máis nada que ao vapor e cun pouco limón, mentres outra parte da viaxe consistirá en coñecer o funcionamento destas plataformas de madeira que descansan placidamente nas tranquilas augas das Rías Baixas. Queremos que coñezas por que Rías Baixas é un dos primeiros produtores de mexillón do mundo e o seu selo de calidade Mexillón de Galicia.

O marisqueo nas praias é unha imaxe característica da ría de Arousa. Alí poderás acompañar as profesionais do marisqueo na súa xornada e terminar a excursión na lonxa e ver as poxas.

Arredor destes oficios o mar creou lugares, paisaxes e unha cultura propia chea de símbolos e linguaxes. Lendas e historia acompañan os faros que salpican a costa e que permanecen como gardiáns das e dos traballadores do mar. Existen recunchos da natureza e acuarios onde poderedes avistar a fauna autóctona das rías e as marismas; os museos dedicados ao mar, á pesca e á súa evolución e repercusión tamén teñen cabida en Rías Baixas; e os paseos en embarcacións tradicionais poden ser o ambiente ideal para degustar os pratos preparados coa túa pesca nos obradoiros que se ofrecen.

Todo un mundo dedicado ao mar que agora se pon ao dispor de quen o queira coñecer.

Acuarios:

Asociacións:

Centros de Interpretación:

Embarcacións tradicionais:

Empresas turísticas:

Museos:

Rutas:

Gozar con...
Parella Grupo Familia
Cando ir...
Outono Inverno Primavera Verán
Onde...
Costa Norte    Costa Sur