Castillo de Soutomaior
Buscador

O parque e os seus xardíns datan de finais do século XIX grazas á iniciativa dos seus propietarios, os marqueses da Vega e Armijo, que deciden transformar o castelo nunha casa residencial ou de veraneo.

Tras ser adquirido pola Deputación de Pontevedra e ser obxecto dunha grande rehabilitación, o xardín abriuse ao público.

Jardines Castillo de Soutomaior
Jardines Castillo de Soutomaior

A institución provincial está moi implicada no desenvolvemento e cultivo da camelia e quixo crear aquí a súa propia colección, que se foi formando en tres etapas:

  • Na primeira fase, cando o castelo pasou a ser propiedade da Deputación, o xardín  contaba xa cun total de 19 exemplares de camelia xapónica, algunhas delas son das máis antigas de Galicia.
  • Na segunda fase, catro anos máis tarde, incorporáronse novos exemplares adquiridos en viveiros galegos e estranxeiros (de Francia, Inglaterra, California e Nova Zelandia), ademais doutros exemplares procedentes de doazóns particulares.
  • E na última fase engadíronse cultivos con especial interese pola súa singularidade; un reducido número de exemplares de camelias, pero de forma anual.

Os labores emprendidos durante estes tres períodos deron como resultado unha colección de máis de 500 camelias.

Jardines Castillo de Soutomaior
Jardines Castillo de Soutomaior

En febreiro do ano 2012 os xardíns deste conxunto arquitectónico convertéronse no primeiro xardín de España e sétimo de Europa en ser recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional pola Sociedade Internacional da Camelia.

Propoñémosvos coñecelos seguindo tres sendas