Rías Baixas Somos Historias
Buscador

A camelia é a flor por excelencia das Rías Baixas e a campaña  presentada en Fitur 2018 réndelle homenaxe cun especial elemento de promoción para o cal a Deputación de Pontevedra contou coa colaboración do alumnado de tres centros educativos da provincia. Trátase dunha caixa-regalo, distribuída entre operadores de turismo, prensa especializada e outros axentes, co lema "Rías Baixas: Somos historias", con produtos gastronómicos elaborados a base de camelia como ingrediente principal.

A iniciativa enmárcase no proxecto "A nosa camelia, tan curiosa como saborosa", no que se exploran as posibilidades desta flor no campo culinario. A caixa institucional, que mostra no seu exterior un bosquexo do castelo de Soutomaior xunto ao citado slogan e na cara interior un texto de María Vinyals, contén pastas de té, elaboradas con camelia Chojiguruma e Narumigata, e nubes da variedade Dazzler. Un caderno que reproduce na súa portada a imaxe da fortaleza acompaña estes produtos. 

Camelia: bella… y sabrosa
Camelia: bella… y sabrosa

O alumnado de 2º do Ciclo Superior de Dirección de Cociña e 2º do Ciclo Superior de Dirección de Cociña Dual do CIFP Carlos Oroza encargouse das elaboracións gastronómicas. O deseño e organización da caixa de presentación  realizáronos estudantes de 2º do Ciclo Superior de Produción en Artes Gráficas e 1º de FP Básica de Artes Gráficas do IES Montecelo.

Unha flor con potencial culinario

O alumnado  do CIFP Carlos Oroza converteu partes da flor en ingrediente para diferentes tipos de elaboracións que calquera turista podería adquirir como lembranza da provincia.

O proxecto educativo "A nosa camelia, tan curiosa como saborosa", que premiou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, desenvólvese tamén no CIFP A Granxa de Ponteareas. Neste último traballaron na elaboración dun vermú a base de camelia o alumnado do Ciclo Medio de Aceites de Oliva e Viños e o do Ciclo Superior de Vitivinicultura.

Cervexas e licores son outros produtos nos que traballan os centros implicados neste innovador proxecto educativo, no que colabora, entre outras entidades públicas e privadas, a Deputación de Pontevedra.

A institución provincial decidiu incorporar a iniciativa á promoción en Fitur 2018 mediante a confección e distribución da caixa-regalo, un elemento de promoción singular das Rías Baixas a través de María Vinyals, o castelo de Soutomaior e o traballo que realizan os centros de formación da provincia.

Publicador de contidos Publicador de contidos