Castelo de San Sebastián
Ciudad máis próxima:
Pontevedra
Paseo Rosalía de Castro
36203 Vigo Pontevedra
España
Teléfono
Foi edificado no século xvii para protexer a cidade de Vigo dos ataques dos piratas ingleses, que estaban aliados cos portugueses durante a Guerra da Restauración de Portugal.
No lugar onde se erixe o castelo antigamente había unha ermida dedicada a san Sebastián, en cuxa contorna tamén se construíu un forte. Desde o castelo, a muralla baixaba ata a praza Porta do Sol, descendía pola rúa Carral ata o peirao da Laxe, continuaba por Beiramar ata O Berbés e logo subía de novo pola rúa Real ata chegar á ermida.
O encargado de deseñar o castelo de San Sebastián e a fortaleza do Castro, situada uns centos de metros máis arriba na montaña, foi Juan de Villaroel y Prado.
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Cronoloxía
1656
Dimensións
370 m²
Corpo responsable
Concello de Vigo
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben
Outros servizos
Hay dos cafeterías, parques infantiles, etc. Los aseos son públicos y están adaptados