Os destinos turísticos Starlight son lugares visitables que gozan de moi boas calidades para contemplar os ceos estrelados e que, ao estaren protexidos da contaminación luminosa, son especialmente adecuados para desenvolver actividades turísticas baseadas nese recurso natural.
Estes non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e os medios para garantir a súa protección, senón que tamén contan con infraestruturas adecuadas e desenvolven actividades relacionadas coa oferta turística (aloxamento, medios de observación dispoñibles ao servizo das e dos visitantes, persoal con formación en interpretación astronómica etc.) e integradas na natureza. No caso de que o lugar non dispoña aínda destas infraestruturas e actividades, valórase que se elabore un proxecto para desenvolvelas no futuro.
A fundación Starlight creou un sistema de certificación mediante o cal se acreditan aqueles espazos que posúen unha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación.
Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico e fomentan, á súa vez, o turismo de estrelas, é dicir, o astroturismo.
A certificación Starlight permite, por primeira vez, xuntar ciencia e turismo. Para iso aproveita a astronomía e a visión do firmamento como ferramentas para unha nova forma de turismo sostible.
Este sistema baséase nos principios recollidos na Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas (Declaración da Palma, 2007).
Para outorgar a certificación Starlight precísase a adhesión en Pleno á Declaración da Palma de todos os concellos englobados no perímetro que se vai certificar.
A certificación Starlight require superar un proceso de auditoría consistente na avaliación dos seguintes criterios:
- Requisitos ambientais (calidade do ceo nocturno e diúrno) e relativos a recursos naturais, culturais e científicos.
- Estratexias en iluminación intelixente e innovación.
- Requisitos relativos aos recursos técnicos, infraestruturas e servizos.
- Calidade e satisfacción polo lado da oferta: Goberno, sector privado, comunidade científica, comunidade local, monitoras e monitores e guías astronómicos Starlight e outros actores involucrados.
- Estratexia e xestión dos recursos relacionados coa luz das estrelas.
- Calidade e satisfacción polo lado da demanda: turistas e sociedade civil.
- Xestión do coñecemento: investigación, innovación, educación e información.
- Macroxestión do programa Starlight e retroalimentación.
MODALIDADES DE CERTIFICACIÓNS NA PROVINCIA:
Os destinos turísticos Starlight son lugares visitables que gozan de moi boas calidades para contemplar os ceos estrelados e que, ao estaren protexidos da contaminación luminosa, son especialmente adecuados para desenvolver actividades turísticas baseadas nese recurso natural.
Estes non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e os medios para garantir a súa protección, senón que tamén contan con infraestruturas adecuadas e desenvolven actividades relacionadas coa oferta turística (aloxamento, medios de observación dispoñibles ao servizo das e dos visitantes, persoal con formación en interpretación astronómica etc.) e integradas na natureza. No caso de que o lugar non dispoña aínda destas infraestruturas e actividades, valórase que se elabore un proxecto para desenvolvelas no futuro.
A fundación Starlight creou un sistema de certificación mediante o cal se acreditan aqueles espazos que posúen unha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación.
Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico e fomentan, á súa vez, o turismo de estrelas, é dicir, o astroturismo.
A certificación Starlight permite, por primeira vez, xuntar ciencia e turismo. Para iso aproveita a astronomía e a visión do firmamento como ferramentas para unha nova forma de turismo sostible.
Este sistema baséase nos principios recollidos na Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas (Declaración da Palma, 2007).
Para outorgar a certificación Starlight precísase a adhesión en Pleno á Declaración da Palma de todos os concellos englobados no perímetro que se vai certificar.
A certificación Starlight require superar un proceso de auditoría consistente na avaliación dos seguintes criterios:
Requisitos ambientais (calidade do ceo nocturno e diúrno) e relativos a recursos naturais, culturais e científicos.
Estratexias en iluminación intelixente e innovación.
Requisitos relativos aos recursos técnicos, infraestruturas e servizos.
Calidade e satisfacción polo lado da oferta: Goberno, sector privado, comunidade científica, comunidade local, monitoras e monitores e guías astronómicos Starlight e outros actores involucrados.
Estratexia e xestión dos recursos relacionados coa luz das estrelas.
Calidade e satisfacción polo lado da demanda: turistas e sociedade civil.
Xestión do coñecemento: investigación, innovación, educación e información.
Macroxestión do programa Starlight e retroalimentación.
Modalidades de certificacións na provincia
Destino turístico Starlight
Son lugares visitables que gozan de moi boas calidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estaren protexidos da contaminación luminosa, son especialmente aptos para desenvolver neles actividades turísticas baseadas nese recurso natural.
Os destinos turísticos Starlight non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e os medios para garantir a súa protección, senón tamén as adecuadas infraestruturas e actividades relacionadas coa oferta turística (o aloxamento, os medios de observación dispoñibles ao servizo das persoas visitantes, a formación do persoal encargado da interpretación astronómica etc.) e a súa integración na natureza nocturna. No caso de que o lugar non dispoña aínda destas infraestruturas e actividades, a fundación valorará o proxecto que se teña para desenvolvelas no futuro.
A certificación como destino turístico Starlight require seguir un procedemento específico establecido pola fundación Starlight.
Que se avalía?
Parámetros de calidade do ceo
A calidade do ceo é a condición indispensable para a certificación do destino Starlight. A conformidade cos valores requiridos para os parámetros astronómicos que determinan a calidade do ceo é, polo tanto, o primeiro paso nos procedementos de certificación.
Os ceos despexados, a escasa contaminación luminosa, a excelente claridade (bo seeing) e a transparencia do aire son as condicións fundamentais requiridas para as observacións astronómicas e, polo tanto, tamén para o desenvolvemento do turismo estelar. Estes parámetros son:
Brillo do ceo
Nitidez (ou seeing)
Transparencia
Cobertura de nubes (tempo útil)
Ceo de Fornelos de Montes e Oia (2025)
Este recoñecemento forma parte do programa "Os ceos de Galicia Suroeste", que busca promover o astroturismo no territorio, atraendo visitantes que desexan gozar da observación das estrelas nunha contorna natural privilexiada. O destino Starlight ofrece a oportunidade de experimentar a beleza do ceo e contribúe á concienciación sobre a protección do medio e a importancia de conservar o ceo nocturno.
Os atributos que facilitaron a certificación foron a calidade do ceo. A baixa contaminación luminosa en Fornelos de Montes e Oia permite unha visibilidade excepcional das estrelas e as constelacións; o desenvolvemento de actividades de astroturismo, coma as realizadas o ano pasado, onde Galicia Suroeste ofreceu un ciclo de catorce actividades para iniciarse na observación do ceo nocturno, que continuará en 2026, e novas actividades planificadas co inicio dun novo ciclo de formación gratuíto, a través da fundación Starlight, para formar no territorio as e os profesionais interesados en acreditarse como monitores Starlight; e o compromiso coa sostibilidade, promovendo prácticas de turismo responsable e respectuoso co medio, fomentando a conservación dos recursos naturais.
Este recoñecemento posiciona o suroeste de Galicia como un destino atractivo para as e os amantes da astronomía e a natureza, o que contribúe ao desenvolvemento do turismo da zona e á dinamización económica das comunidades locais.
A seguinte acción, xa en marcha este ano, será a creación dun espazo en Fornelos de Montes e Oia que permita a observación do ceo, con ferramentas e elementos de interpretación. Estes observatorios estarán dispoñibles para todas as persoas interesadas na parroquia da Laxe, en Fornelos de Montes, e en Torroña, na parroquia de Burgueira, en Oia.
Estas intervencións, así como a certificación dos ceos de Fornelos de Montes e Oia, financiaranse a través do PSTD “A despensa de Galicia”, Next Generation-UE, e desenvolveranse grazas á cooperación entre Galicia Suroeste, os propios concellos e as comunidades forestais veciñais en man común da Laxe, en Fornelos de Montes, e Burgueira, en Oia. Esta colaboración público-privada demostra unha vez máis a importancia da cooperación para o desenvolvemento e a valorización dos territorios rurais.
Municipio de Lalín (2023)
Cómpre lembrar que a investigación astronómica en Galicia comezou en Lalín grazas ao traballo exemplar e de excelencia do matemático e astrónomo Ramón M.ª Aller Ulloa desde inicios do século pasado. O padre Aller incorporouse á universidade como profesor en 1939. Pouco despois construiríase o Observatorio Universitario, en 1943-1944, nos terreos da entón chamada Residencia.
É berce da historia astronómica de Galicia, xa que entre os seus fillos ilustres está o grande astrónomo Ramón M.ª Aller, que puxo en marcha o Observatorio de Lalín (recuperado en 2011), base para fundar o Observatorio da Universidade de Santiago de Compostela.
Elixiuse como punto de observación un vértice xeodésico na parroquia de Maceira, situado a 743 m de altitude, desde o que se domina unha panorámica de 360o, que de día é un magnífico miradoiro desde o que se observan os principais cumes da comarca de Deza e a súa contorna: O Farelo, a serra do Faro, O Candán, O Carrio e mesmo O Pico Sacro cara a Compostela. Doutra banda, de noite é un lugar privilexiado desde onde se pode contemplar o ceo en todo o seu esplendor, que inclúe unha vista perfecta da Vía Láctea.
Ademais deste lugar, suxírense outros dous puntos de observación, un deles nun outeiro situado en Albarellos e outro moi preto da Fraga de Catasós.
Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (2016)
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia está situado nas Rías Baixas e está composto de catro arquipélagos: Cortegada e Sálvora, na ría de Arousa; Ons, fronte á ría de Pontevedra; e Cíes, pechando a ría de Vigo.
As espectaculares noites das illas permiten unha contemplación inmellorable do ceo estrelado. Por outra banda, grazas á súa riqueza (tanto faunística coma vexetal) e á espectacularidade das súas paisaxes, estas illas constitúen un patrimonio cultural e natural único no litoral español.
O destino Starlight acolle actividades nos seus centros de interpretación relacionadas coa observación e protección do ceo nocturno, con dúas estacións que miden o seu brillo, ademais de accións sobre o terreo nas illas.
ALOXAMENTOS STARLIGHT
As casas e hoteis rurais e outras tipoloxías de aloxamentos Starlight (albergues, campamentos, hospederías, paradores etc.) son unha cualificación outorgada pola fundación a aqueles establecementos que, ademais de ofrecer unha calidade aloxativa acreditada, se converten en propagadores dos valores contidos na Declaración da Palma sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas.
Ademais, poñen á disposición dos seus clientes información sobre Starlight e algúns medios para a observación astronómica e implícanse como axentes activos na propagación da cultura astronómica, ofrecendo dotacións sinxelas para a observación nocturna.
É unha cualificación pensada para aqueles peticionarios (institucións, organismos, particulares) que simplemente desexan cualificar e certificar a calidade do seu ceo nunha determinada zona sobre a que teñen competencias, pero sen intención inmediata de desenvolver nela unha actividade astronómica, turística ou doutra índole.
No caso de dispoñer dun programa de actividades educativas, culturais etc., pasará a ter a consideración de parque estelar.
Ademais da certificación que cualifica o seu ceo, a fundación, nestes casos e a pedimento das e dos interesados, ofrécese a facer un estudo de consultoría para ver as posibilidades didácticas ou de turismo que, con base na astronomía, se poderían desenvolver nesas paraxes.
Los campamentos son también un importante instrumento de aprendizaje para los más jóvenes. La Fundación cualifica como “Campamentos Starlight” a aquellas instalaciones acreditadas que organizan actividades dirigidas a promover el conocimiento del cielo estrellado como parte de la naturaleza y a experimentar un turismo sostenible, respetuoso con el medio ambiente y proteccionista con el cielo nocturno. Un Campamento Starlight debe gozar además, de un nivel de calidad que le cualifique y, en este sentido, la Fundación tiene en cuenta, las actividades que organiza, el público al que se dirige, las instalaciones de las que dispone y el espacio geográfico en el que se encuentra ubicado.
A fundación Starlight abre a posibilidade de outorgarlles outro tipo de acreditacións a aqueles espazos, actividades, empresas etc. que cumpren unha serie de requisitos favorables para a contemplación das estrelas e promoven o desenvolvemento de actividades relacionadas con este recurso natural. Para iso realízase un estudo dos recursos e valores do lugar, a cualificación do equipo humano responsable de xestionalo, a oferta de produtos turísticos de calidade ligados aos recursos naturais e culturais do territorio etc.
Entre estas modalidades atópanse:
Sendeiros
Monumentos culturais
Iluminación
Actividades deportivas
Granxas
Empresas (adegas, restaurantes, excursións, mercados agrícolas, axencias de turismo activo e ecoturismo etc.)
EMPRESAS – ACTIVIDADES E EXCURSIÓNS
EMPRESAS – PRODUTORAS AUDIOVISUAIS