MAPAS
Descarga os mapas de Rías Baixas

Rueiro de Pontevedra
Mapa
Más Información
Pontevedra, vila de orixe romana (Pontus Veteris) e fundada segundo a lenda, por Teucro, un dos heroes da guerra de Troia, é hoxe capital de provincia. O seu casto antigo, declarado Conxunto Histórico Artístico en 1951, posúe belísimas rúas asoportaladas que conducen a unha infinidade de prazas de gran encanto, así como importantes monumentos civís, relixiosas e fermosas casas señoriais.

Rueiro de Vigo
Mapa
Más Información
No século XIV os monxes da Orde do Templo de Xerusalén (os templarios) tomaron posesión do antigo templo da cidade dedicado a Santa María e no seu atrio plantaron unha oliveira. Co tempo os templarios desapareceron, pero a oliveira permaneceu ata 1816, ano no que derrubaron o vello templo e construíron o actual, de estilo neoclásico.