Rías Baixas a pedir de boca
A enogastronomía é un dos principais sinais de identidade da provincia de Pontevedra. Dos seus fondos mariños, rías, ríos e campos proceden os nosos máis prezados manxares.
Convidámoste a degustalos!
GASTRONOMÍA
Este recuncho, no que o océano Atlántico penetra na terra en forma de rías, as montañas chegan ata o mar, os bosques se estenden ata o horizonte e os ríos posúen unha gran riqueza biolóxica, conta cunha excelente materia prima que serve de base para elaborar os nosos pratos.
ENOTURISMO
As Rías Baixas son sinónimo de viño, de proxectos enraizados na historia e que conviven con outros, máis recentes, que reinventan o sector.
Algunhas vilas están literalmente rodeadas de viñedos e en calquera lugar descubrirás que aquí o viño non só se bebe, senón que tamén se vive.
