GUÍAS
Descarga as guías Rías Baixas

Arquitectura contemporánea
Guía
As Rías Baixas posúen non só un rico patrimonio cultural e etnográfico; a súa arquitectura contemporánea destaca e é todo un referente nacional de gran atractivo creativo.

Mosteiro de Armenteira
Guía
O Mosteiro de Santa María de Armenteira é unha xoia dos séculos XII-XIII que hoxe en día se conserva practicamente intacta e namora aos visitantes pola súa maxestosidade. Imprescindible.

Rías Baixas ao pedir de boca
Guía
Quizais non o sabías, pero as Rías Baixas conforman o conxunto de maior movemento de turismo gastronómico de toda Galicia. E todo esto débese en grande parte á calidade do seu produto. O océano Atlántico ofrece numerosos produtos de calidade e del extraemos os nosos famosos peixes e mariscos tan recoñecidos internacionalmente.

Camelias Rías Baixas
Guía
As Rías Baixas son un inmenso xardín de camelias que mostran a súa vistosidade no outono, no inverno e na primavera, e que nos acompañan en rúas, prazas, xardíns, pazos, castelos, mosteiros… Podemos dicir con orgullo que as fermosas camelias xa forman parte da nosa historia e da nosa cultura, e é que son árbores ornamentais cuxa serena beleza sorprende a quen as contempla. Orixinarias de Oriente, chegaron a Pontevedra no século xvii desde Portugal e adaptáronse de forma extraordinaria ás condicións de cultivo das Rías Baixas: solos ácidos, ben drenados e con certo grao de humidade ambiental. Existen unhas 80 especies e 30.000 variedades con diferentes tamaños, formas e cores de pétalos e follas. Convidámoste a contemplar a delicadeza destas flores e a atopar en cada unha delas esa beleza que resulta tan inspiradora e máxica.

Camiños de Santiago
Guía
Podemos dicir, sen ningunha dúbida, que o Camiño de Santiago é a ruta máis antiga, máis concorrida e máis coñecida de Europa. É todo un emblema e a súa fama non só se debe aos seus numerosos e diferentes itinerarios, senón tamén ao seu carácter espiritual e aventureiro, que reúne peregrinas, peregrinos, camiñantes ou simples trotamundos baixo una mesma meta: chegar a Santiago de Compostela.