Roteiro das Maceiras en Flor
Vive a maxia da floración nas Rías Baixas
A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, convídate a descubrir un dos espectáculos naturais máis fermosos da primavera: as maceiras en plena floración.
Un programa único que combina natureza, tradición e gastronomía local, onde poderás mergullarte no mundo da sidra e coñecer de preto un sector clave do territorio.
Consulta máIs información nas bases oficiais
Que inclúen os roteiros?
Unha experiencia completa arredor do mundo da mazá e da sidra. Inclúen visitas a plantacións de maceiras autóctonas, percorridos guiados por sidrarías locais e degustacións de produtos elaborados a partir da mazá. Ademais, o transporte está organizado desde Pontevedra para facilitar a participación.
Trátase dunha actividade pensada para todos os públicos, ideal tanto para parellas como para grupos de amigas e amigos ou familias que queiran gozar dunha xornada diferente en contacto coa natureza e coa tradición.

Programación: 9 de maio de 2026
O programa desenvólvese en tres roteiros diferentes ao longo do día, con saída e chegada en Pontevedra.
Ruta Rabiosa
Comeza ás 10:00 h desde a Capela de San Roque, en Pontevedra. Inclúe unha visita á plantación de Pardemarín e posteriormente á Sidraría Rabiosa, onde se realizará unha degustación. O regreso está previsto arredor das 14:45 h.
Ruta Peroja
Sae ás 10:00 h e percorre a plantación de Agar, seguida dunha visita á Sidraría Peroja con degustación. A chegada a Pontevedra está prevista igualmente sobre as 14:45 h.
Ruta Camiño
Comeza ás 16:00 h. Inclúe unha visita á plantación de Moreira e posteriormente á Sidraría Camiño, con degustación incluída. O regreso será aproximadamente ás 20:45 h.

Prazas e inscricións
Cada un dos roteiros dispón dun máximo de 40 prazas, cun total de 120 prazas en todo o programa. Cada persoa poderá reservar ata un máximo de catro prazas por solicitude.
A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar o aforo. A inscrición deberá realizarse a través da web de Turismo Rías Baixas.
Información chave
A actividade está aberta a persoas de todas as idades. No caso de menores, deberán ir acompañadas en todo momento por unha persoa adulta.
No caso de non poder asistir, é necesario cancelar antes das 10:00 h do día anterior. Unha vez cubertas as prazas, habilitarase unha lista de agarda para posibles vacantes.
Para calquera consulta, pódese contactar no teléfono 886 211 700 ou a través do correo electrónico visitasguiadas@depo.es