Rías Baixas é un dos grandes destinos turísticos de España e atrae cada vez a máis visitantes internacionais. A beleza do territorio está en consonancia coa calidade que prestan os operadores do sector, desde restaurantes, hoteis e casas de turismo rural, a axencias de viaxes, adegas, empresas especializadas en turismo activo e moitas outras entidades públicas e privadas da provincia de Pontevedra.
Este bo facer queda acreditado co alto número de empresas que forman parte do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) e as que recibiron a "Q" de calidade certificada polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Trescentas empresas e entidades públicas da provincia de Pontevedra forman parte do SICTED, e 133 locen a “Q".


Formas parte do sector turístico? As vantaxes de recibir estes distintivos de calidade son moi significativas e axudarante a consolidar o teu negocio, gañar prestixio, optimizar a xestión e, en conxunto, competir mellor no mercado turístico.
As empresas integradas nestas redes reciben importantes servizos e promoción, o que les achega diferenciación e maior difusión entre as e os potenciais visitantes, ademais de fortalecer o destino turístico. Aquí ofrecémosche a información necesaria para que de maneira sinxela coñezas as súas vantaxes competitivas e poidas tramitar a túa adhesión. Apúntaste á calidade Rías Baixas?