Ir o contido principal

O crecemento da poboación, unido a unha revolución tecnolóxica sen precedentes, fai deste século XXI o momento clave que o planeta necesita para a toma de conciencia ao redor dos recursos finitos e da xestión dunha economía global que beneficie a todas as persoas por igual. Ante este novo paradigma, as administracións públicas como a Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas unen os seus esforzos para poñer ao dispor de todos os axentes involucrados na xestión e goce dun destino turístico as accións, medidas e ferramentas de protección ambiental necesarias para que o territorio da provincia de Pontevedra sexa un espazo sostible para todos, competitivo e diferenciado. O turismo sostible implica non prexudicar o medio nin a sociedade, xa que desenvolve a súa actividade tratando de xerar o menor impacto posible. Por todo esto, entre as accións que a Deputación de Pontevedra pon ao dispor do destino Rías Baixas están tres manuais de boas prácticas cuxos consellos e recomendacións baséanse nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible establecidos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, o Código Ético Mundial para o Turismo da Organización Mundial do Turismo e a Carta Mundial de Turismo Sostible ST 20.

Manual de boas prácticas sostibles dirixido aos establecementos turísticos pretende orientar ao empresariado e ás e os profesionais de establecementos turísticos (hoteis, hostais, casas rurais, restaurantes, bares, cafeterías, empresas de turismo activo…) sobre melloras ambientais e sociais que permitan consolidar os seus establecementos, actividades e destinos como os máis sostibles posibles.

Con o Manual de boas prácticas en sustentabilidade para axencias de viaxes, oficinas de turismo e guías turísticos preténdese axudar a organizar viaxes que sexan unha experiencia enriquecedora e sostible, pois contén numerosas recomendacións para implantar unha política de sustentabilidade á hora de traballar e ofrecer os seus servizos, que implican necesariamente un uso do territorio e dos seus recursos. Estas prácticas sostibles permiten manter unha contorna ambiental, natural e patrimonial máis coidado e atractivo para as e os turistas e a poboación local, así como a concienciación destes. As axencias de viaxes, as oficinas de turismo e as e os guías turísticos coinciden en que teñen o poder de poñer en valor aqueles servizos, lugares, tradicións ou produtos sostibles ou non.

Manual de turismo responsable contén consellos e recomendacións para axudar a que as viaxes sexan unha experiencia enriquecedora ao mesmo tempo que sostible. As e os turistas teñen un impacto directo ou indirecto na sustentabilidade económica, sociocultural e ambiental do lugar que visitan. O obxectivo do turismo responsable é que ese impacto non sexa negativo, ou o menos negativo posible. Como son as boas e os bos viaxeiros? As e os que percorren e gozan dun destino coidándoo, sen deixar rastro, respectan a xente e as súas tradicións, valoran o auténtico de cada lugar, divírtense e ademais elixen servizos comprometidos coa sustentabilidade e coa calidade turística. Son turistas responsables.

 

manual establecimientos

 

Pulse sobre a imaxe para descargar o Manual para establecementos turísticos.

manual agencias

 

Pulse sobre a imaxe para descargar o Manual para axencias, oficinas e guías.

manual turismo responsable

 

Pulse sobre a imaxe para descargar o Manual de turismo responsable.

CompartirCompartir