Fraga de Catasós
Un bosque de novela
Carballos e castañeiros centenarios reinan neste monumento natural do Deza
Un dos bosques autóctonos máis excepcionais e recoñecidos da provincia de Pontevedra é a fraga de Catasós, no municipio de Lalín. Este fermosísimo paisaxe de interior, coñecido tamén como a carballeira de Quiroga, está catalogado como monumento natural de Galicia e presenta unha riqueza botánica de gran singularidade e beleza.
Robustos carballos e castañeiros centenarios reinan nesta fraga da comarca de Deza, que pola súa grandiosidade parecen acariñar o ceo. Algúns exemplares alcanzan os 30 metros de altura, polo que son considerados os máis altos de Europa. Nalgúns casos roldan os cinco metros de diámetro.
O lugar é perfecto para amantes do sendeirismo. Unha ruta circular sinxela, cunha duración aproximada dunha hora, permite explorar a zona e coñecer igrexas, muíños, cruceiros e outras mostras da arquitectura popular galega. Destacan os montes de castiñeiros de Cardiego e de Quiroga, onde crecen exemplares de máis de 200 anos.
Esta fraga de carballos e castiñeiros pertenceu á familia Quiroga, que vivía no pazo próximo de Quiroga, ao que se pode chegar desde o bosque a través dun carreiro idílico. En 1864, un dos herdeiros desta saga familiar casou coa ilustre escritora Emilia Pardo Bazán, que anos máis tarde escribiría aquí boa parte do seu libro Os pazos de Ulloa.