Conjunto Histórico - Artístico de Tui
Ciudad máis próxima:
Vigo
36700 Tui Pontevedra
España
Teléfono
Tui é capital dunha do sete antigas provincias do Reino de Galicia, e cidade espiscopal. Constitúe un singular exemplo de urbe medieval e levántase nun pronunciado promontorio coroado pola Catedral, desde onde parte un complexo labirinto de rúas medievais que se estende ata o río Miño. Un exambre de rúas estreitas con soportais que se arremuiñan ó redor da Catedral - Fortaleza, unha construción de estilo románico e oxival na que se atopan o Museo Catedralicio e o Museo Diocesano.
Outros referentes culturais e turísticos son o Convento das Encerradas dos séculos XVII-XVIII, a capela de San Telmo, único exemplar do barroco portugués en Galicia, a igrexa de Santo Domingo de estilo gótico con retablos barrocos na que destaca a súa grandiosidade e o Convento de San Francisco dos séculos XVII-XVIII construido sobre os antigos palacios episcopais da Oliveira.
Dentro da riqueza monumental destacan os restos da muralla do século XII erguida para a defensa da cidade.
Tui tivo gran importancia na época sueva e visigoda, chegando a ser residencia de reis, e tamén un notable esplendor medieval, chegando a ser hoxe en día un dos conxuntos urbanos históricos mellor conservados de Galicia e que non se poden perder
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Lingua
Gallego
Español
Portugués
Inglés
Visitas guiadas
Gallego
Español
Portugués
Inglés
Estilo arquitectónico
Medieval
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Con vistas panorámicas
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben