Cruceiro de ánimas del convento
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Lugar de Trasponte
Cuntis Pontevedra
España
Cruceiro que nace sobre tres grosos chanzos coas arestas rebaixadas. A súa base aparece decorada con caveiras nos vértices e unha serpe.
A continuación o varal, de sección octogonal que perde corpo a medida que sube. No capitel, profusamente decorado, podemos ver tres cabezas de anxos. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Dolorosa cunha espada cravada no peito no reverso.
O peto de ánimas, de tipo aberto, aparece pegado ao cruceiro. Nel podemos ver un retablo con varias imaxes entre as que destacan a pomba do Espírito Santo, San Francisco e a Virxe. Na parte baixa aparecen cinco almiñas, unha delas con cordón.
O retablo, que no pasado estivo policromado, posúe unhas inscricións hoxe ilexibles. Aos pés do retablo podemos ver o caixón das esmolas.
Este elemento etnográfico atópase no adro do Convento de San Bieito de Pereira de Cuntis
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Estado conservación
Ben