Ir o contido principal

Fortaleza de Castrizán

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Redondela

O Viso
36691 Redondela Pontevedra
España

Teléfono
A Fortaleza de Castrizán foi construída entre agosto e setembro do ano 1477 polo arcebispo compostelán Alonso de Fonseca II co obxectivo de vixiar o acceso dende o sur, reforzar o entorno da Pontesampaio e ser freo para a fortaleza de Soutomaior, casa principal do conde de Camiña, Pedro Álvarez de Soutomaior. Construída con pedra do monte do Viso, trátase dunha fortaleza adaptada perfectamente á súa función. En primeiro lugar polo emprazamento, de vista privilexiada e dominio das vías de comunicación e da contorna, e en segundo lugar, pola súa morfoloxía, con sistemas defensivos coma unha recia muralla, almeas, unha barbacá para protección do acceso principal e a torre da homenaxe non incardinada nun muro senón exenta e no centro do recinto. Tiña tamén dous accesos e estruturas intramuros. Na contorna localizáronse tamén os vestixios da antiga torre da casa, no centro do enclave, baixo a igrexa, ocupando unha posición preeminente. A fortaleza foi derrubada polo conde de Caminha quen, logo da súa estadía en prisión castelá, remata con Castrizán, en 1478/9, con don Álvaro de Varcea, veterano aliado do arcebispo compostelán, defendendo a fortaleza e atrincheirándose na torre da homenaxe ata que, atacada esta nun dos seu ángulos, comezou a abanear, véndose obrigados a renderse. Parte da pedra alimentou construcións do Viso e de Redondela, e outra reutilizouse na construción da ermida de Nosa Señora de As Neves da Peneda, xa en época moderna, e baixo a cal os vestixios de Castrizán son aínda visibles  
Máis información sobre
Redondela
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Estilo arquitectónico
Medieval
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Montañoso
Propiedade
Público
Estado conservación
Necesidade rehabilitación