Ir o contido principal

Monasterio de San Salvador de Lérez

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Pontevedra

C/ Porta do Sol, 31, Lérez (San Salvador)
36156 Pontevedra Pontevedra
España

Teléfono
Trátase dun antigo mosteiro benedictino con elementos barrocos e neoclásicos do que se teñen noticias desde finais do século IX, a pesar de que non se coñece a data exacta da súa creación. Como a maioría dos mosteiros, reformouse e ampliou en distintos momentos e da súa construción inicial consérvanse a escaleira, o patio e parte do claustro. A mediados do s. XVII ampliouse, ó crear o Colexio de Artes e Filosofía, xa que se construíron aulas e dormitorios para todos os alumnos. Foi no s. XIX cando os monxes recibiron a orde de abandonar o mosteiro debido á Lei de Mendizábal, o que provocou o roubo de material valioso da biblioteca e do arquivo, e tamén obxectos litúrxicos e mobles. A súa igrexa é neoclásica con fachada barroca do s. XVIII, e nela pódese observar a imaxe de san Benito, considerado o santo máis milagroso. En honra a el, cada 11 de xullo celébrase unha das festas máis coñecidas da parroquia, San Benitiño de Lérez, á que acoden todos os devotos coa intención de curar algún ma, sobre todo, as verrugas. Desta antiga igrexa do s.X tan só consérvase unha inscrición gótica na que se nomean os santos en cuxo honra foi levantada
Máis información sobre
Pontevedra
Valora este recurso
Logo Camino de Santiago
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Ben incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia
Aparcamento
Si. Libre
Estilo arquitectónico
Neoclásico
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
S. IX - XVIII
Corpo responsable
Diócesis de Santiago de Compostela
Estado conservación
Ben