Ir o contido principal

Pazo de Barrantes

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Ribadumia

Rúa da Torre, 2, Santo André de Barrantes
36636 Ribadumia Pontevedra
España

Teléfono
A orixe do Pazo de Barrantes remóntase a comezos do século XVI e a súa história contémplase en cada un dos seus escudos de armas. No século XVIII foi remodelado. Tralo portalón de acceso, almenado e blasonado está o amplo patio, onde se dispoñen de dereita a esquerda, o salón de actos, a capela, o edificio pacego, o xardín, o palomar e separando o patio das terras de cultivo está o piorno. A fachada é simple, ten unha porta con arco de medio punto liso, sobre un pequeno óculo e sobre éste un escudo. O pazo estivo íntimamente ligado á historia de Galicia dende fai varios séculos. En 1930 sendo propietaria a oitava condesa de Creixell, Dona Julia Becerra Malvar, reúnense nel os Consellos de Ministros e o pazo convírtese o marco da firma do primeiro Pacto de Autonomía Galega, coñecido históricamente coma o Pacto de Barrantes. Tal era a persoalidade de Dona Julia que na súa época o pazo era coñecido coma o Pazo da Condesa. Por vía de herencia recibe a propiedade do pazo o seu neto Don Vicente Cebrián Sagarriga, décimo conde de Creixell, que o somete a unha reconstrucción de tal envergadura que accede ó Premio Europeo Marqués de Amodio sobre a reconstrucción de antigos pazos europeos por propietarios menores de 35 anos. Despois de iniciarse no mundo do viño a través dun proxecto emprendido nunha renomeada adega rioxana, decide embarcarse nun proxecto similar pero esta vez na súa querida Galicia aproveitando os recursos naturais que abrazan o pazo, as súas 12 hectáreas de viñedo de albariño e construe unha adega pensando nunha elaboración limitada á que dota coa mellor tecnoloxía do momento. Sucesivas inversións na adega e no viñedo son algúns dos exemplos da boa visión de futuro dunha das adegas con más renome de Galicia. Actualmente, capitaneada polo seu fillo Don Vicente Dalmau Cebrián-Sagarriga, actual conde de Creixell, adicado en corpo e alma a inxectar de máis inversións e desenrolar o proxecto emprendido polo seu pai, Pazo Barrantes consolidouse coma un dos mellores viños albariños de España cunha magnífica evolución en botella e avanza conquistando novos continentes dando a coñecer por todo o mundo as inigualables virtudes desta variedade de uva galega
Máis información sobre
Ribadumia
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
S. XVI
Corpo responsable
Bodega Pazo de Barrantes - Club Marqués de Murrieta
Propiedade
Privado
Estado conservación
Excelente