Recinto Amurallado de Salvaterra do Miño
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vigo
Salvaterra (San Lourenzo)
36450 Salvaterra do Miño Pontevedra
España
Teléfono
Contrucción orixinaria da Idade Media respondendo a un recinto amurallado coas súas dependencias, conformando unha envidiable atalaia sobre o río Miño.
A súa historia áchase íntimamente relacionada a unha serie de acontementos que dan nome a algunha das súas estancias máis características: a presenza de Dona Urraca na fortaleza dende onde dirixía as súas operacións conra Teresa de Portugal - Pazo de Dona Urraca. Tamén a activísima presenza no sur da provincia de Pedro Álvarez de Soutomaior, alias Pedro Madruga, Conde de Camiña, quen atopou en Salvaterra o adecuado refuxio fronteirizo nas súas disputas co arzobispo Fonseca; por último, a súa magnífica situación e recia fábrica xogou un papel de primeiro orde durante a sublevación de Portugal en 1640.
O conxunto histórico de Salvaterra está ubicado no lado sur da praza coñecida coma do Castelo. Repártese nuns 9700 metros cadrados de superficie no que se inclúen parte do recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a capela da Virxe da Oliva, inmediata aos muros do castelo
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Exposicións
Multidisciplinar
Estilo arquitectónico
Medieval
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Fluvial
Cronoloxía
XVII
Dimensións
9700 metros cuadrados
Corpo responsable
Concello de Salvaterra do Miño
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben