Denominacións de orixe alimentaria e vitivinícola
O froito da excelencia
Denominacións de orixe: Viños, mexillóns, queixos e pementos
Sabor, un traballo minucioso das produtoras e produtores para obter a mellor materia prima e unha calidade contrastada. Son tres grandes atributos da gastronomía das Rías Baixas, que atopan o seu máximo expoñente nos produtos con denominación de orixe: viños, mexillóns, queixos de tetilla e Arzúa-Ulloa e pementos de Herbón. Así son:
Na denominación de orixe protexida (DOP) Rías Baixas conviven tradicionalmente variedades brancas e tintas, pero son as brancas as que teñen maior peso e, entre elas, a variedade Albariño achega un carácter específico a esta zona vitivinícola.
Zona xeográfica
- Val do Salnés : Cambados, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa, Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Barro, O Grove e A Illa de Arousa. 
- Condado de Tea : Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Salceda de Caselas, Ponteareas, A Cañiza (parroquia de Valeixe), Tui (parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas de Tui) e Mos (parroquia de Louredo). 
- O Rosal : O Rosal, Tomiño e A Guarda, Tui (parroquias de Pexegueiro, Zonas, Malvás, Ribadelouro, Rebordáns, Pazos de Reis, Randufe e Tui) e Gondomar (Mañufe e Vilaza) 
- Soutomaior : concello de Soutomaior. 
- Ribeira do Ulla : na provincia de Pontevedra, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces. 

A DOP Mexillón de Galicia ampara os mexillóns que realmente proceden das rías galegas e certifica que están cultivados segundo a forma tradicional e natural destas rías, baseada nunha relación respectuosa co medio.
Zona xeográfica
A súa zona de cultivo é o espazo marítimo interior das rías galegas das provincias da Coruña e Pontevedra, habilitadas para o cultivo de mexillón en batea; está constituída polas seguintes zonas: Ría de Ares-Sada, Ría de Muros-Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo.

Os pementos amparados pola DOP Pemento de Herbón son os froitos da especie Capsicum annuun L., procedentes dos ecotipos locais da variedade de Padrón.
Zona xeográfica
A área de produción do produto amparada pola Denominación de Orixe Protexida abrangue os seguintes termos municipais:
- No provincia de Pontevedra: Pontecesures e Valga. 
- Na provincia da Coruña: Padrón, Dodro e Rois. 

O queixo de tetilla caracterízase por un cheiro e un sabor suaves e unha textura cremosa, ademais de diferenciarse pola súa forma cónica. O produto obtense do leite de vacas de razas frisoa, pardo alpina e rubia galega, e tamén dos seus cruces.
Zona xeográfica
Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do queixo de tetilla comprenden todo o territorio da comunidade autónoma de Galicia.
Na provincia de Pontevedra: Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e Cuntis.

O queixo Arzúa-Ulloa ten un sabor lixeiramente salgado, cun punto de acidez. A medida que madura, gaña aroma a manteiga e matices de vainilla, nata e noces. Prodúcese a partir do leite de vacas frisoa, pardo alpina, rubia galega e os seus cruces. Existen variedades do queixo de granxa e curado.
Zona xeográfica
A área de produción de leite e de produción de queixo cuberta pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa está formada pola zona xeográfica dos seguintes ámbitos municipais:
- Provincia de Pontevedra : Provincia de Pontevedra: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e A Estrada. A estes hai que sumarlles 16 municipios da provincia da Coruña e nove da de Lugo.
