Ex - Colegiata de Santiago de Cangas
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vigo
Real,
36940 Cangas Pontevedra
España
Teléfono
A maior parte da construción da Ex-Colexiata data do século XVI, elevada polo papa Paulo III ó rango de Colexiata de Santiago de Cangas, ainda que se cre que o primitivo templo remóntase a un século máis atrás polo menos.
Trátase dun templo de cruz latina de tres naves divididas por columnatas de orde xónico. A nave central péchase con bóvedas de crucería sexpartitas, mentras as naves laterais cúbrense con bóvedas de crucería catripartitas. Todas estas cubertas tenden ó apuntamento gótico, e a decoración interna dos nervios tamén recorda ó gótico flamigero. A capela maior conta cun retablo barroco que data do ano 1744.
A súa fachada, é unha das mellores mostras da arquitectura renacentista de Galicia. A decoración escultórica do frontón remite a temas bíblicos. Sobre a súa única porta de entrada ten un gran rosetón, e á dereita unha torre edificada no século XVIII
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Cronoloxía
Data del año 1493
Corpo responsable
Diócesis de Santiago de Compostela
Estado conservación
Ben