Ir o contido principal

Iglesia de Pedornes

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
Oia

Pedornes
36309 Oia Pontevedra
España

A historia da igrexa está íntimamente ligada ao mosteiro de Oia. No ano 1137 a igrexa foi donada por Alfonso VII ao Mosteiro e doce ano despois foi donado todo o pobo de Pedornes. Douscentos anos despois, cando pertencía de novo ó Bispado de Tui, serviu como cambio entre a diócese e o mosteiro, que a cambio entregou as parroquias de Estás, Forcadela e outras dúas en Portugal. Ainda que pertencía ao Mosteiro, esta igrexa servía como parroquial, xa que Oia non tivo consideración de parroquia ata o ano 1841, constituida polo Bispo Francisco García Casarrubios e Melgar, quen posteriormente, no mesmo ano, consituiuna como parroquia independiente. Do primitivo templo non quedan restos, ainda que polas trazas podería ocupar a nave actual. Así, nela podemos atopar un magnífico escudo do Mosteiro debaixo dunha lenda que recorda ó ano 1736, data na que se restaurou. No interior, podemos admirar interesantes retablos e no atrio consérvase un grupo de cruceiros que pertencían a un antigo vía-crucis
Máis información sobre
Oia
Valora este recurso
Estilo arquitectónico
Popular
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Corpo responsable
Diócesis de Tui- Vigo
Estado conservación
Ben