Jardín Granja de Briz
        Transportes máis próximo:
                    
                            
            
    
        Ciudad máis próxima:
        
Pontevedra
c/ Puente, s/n
36900 Marín  Pontevedra
España
Teléfono
          
      A Granxa de Briz é un pequeno remanso de paz situado en pleno casco urbán de Marín, un paradisíaco lugar tamén coñecido como o Parque dos Sentidos. Un lugar perfecto para ofrecer ós máis pequenos unha infinidade de xogos infantís, de recreo e de ocio entorno a unha lagoa.
Este lugar pertenceu ós monxes de Oseira e foi coñecido como a Granxa da Costa. No século XIX, trala desamortización, foi adquirida por Roberto Munaiz, pasando así a mans privadas, quenes levantaron unha vivenda no solar bautizado como Villa Paula. Anos despois, en 1942, unha das súas descendentes, Ana Mª Saraiva Munaiz, casada con Marcelino Briz, decidiu construir na finca unha casa que se convertiría na residencia de verán da familia Briz Saraiva. Foi entón cando o lugar pasa a coñecerse como a Granxa de Briz e se convertiu nun punto de encontro de numerosas celebridades da época: militares, políticos, empresarios e persoalidades do lugar. Finalmente no ano 1999, a Granxa de Briz foi adquirida polo concello de Marín ós irmáns Briz Saraiva, para destinalo a fins sociais e aberto ó público
      
					
					Valora este recurso
              Tipoloxía
              para nenos
          Corpo responsable
              Concello de Marín
          Propiedade
              Público
          Dimensións
              23.690 m2	 
          Interese paisaxístico do medio ambiente
              Elevado
          Estado conservación
              Ben