Ir o contido principal

Museo etnográfico Liste - Fundación Liste

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Vigo

Rúa da Pastora, 22
36210 Vigo Pontevedra
España

Teléfono

Nace co principal obxectivo de conservar e expoñer a colección de Olimpio Liste Regueiro. Trátase dun museo etnográfico que busca dar a coñecer e difundir o patrimonio galego nos seus aspectos materiais e espirituais. Instalado nunha vivenda unifamiliar remodelada de mediados do século xx, distribúese en catro plantas e once salas que reflicten aspectos significativos da identidade de Galicia. Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas, a través das cales as e os visitantes percorren os oficios artesanais galegos, a cultura do cultivo do centeo, a roda tradicional, os peches, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e a arte de sandar. No museo organízanse, ademais de visitas, diversas actividades didácticas, exposicións temporais, audicións musicais. A vivenda está rodeada por unha leira de 5.000 m² que constitúe un espazo de interese, xa que posúe importantes especies arbóreas, unha zona de xardín e construcións de gran valor etnográfico, coma un hórreo, unha fonte e un lavadoiro.

Máis información sobre
Vigo
Valora este recurso
Lingua
Gallego
Español
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Corpo responsable
Concello de Vigo
Propiedade
Privado
Estado conservación
Ben
Outros servizos
De forma trimestral se programan actividades y talleres dirigidos a escolares; y disponen de fichas de trabajo y diverso material didáctico adaptado a los distintos niveles educativos. Se realizan actividades para adultos a través de las que...