Ir o contido principal

DESCUBRIR

Iglesia de San Pedro de Burgueira

  • Imaxe
    Iglesia de San Pedro de Burgueira

Weather information is temporarily unavailable.

EP 2202, 62
36779 Oia Pontevedra
España

Teléfono
Máis información sobre
Oia
No lugar de Burgueira, posiblemente preto de onde se situou a Praza Forte de Turonio, existiu unha igrexa de orixe románico que o Rey Alfonso VII doou, xunto a outras, aos frades do Mosteiro de Oia. Con todo, na actualidade observamos unha igrexa que data de 1808 con planta rectangular e dúas capelas laterais encostadas. A fachada está flanqueada por dúas pilastras con base e capitel de fuste liso, coroadas con pináculos en forma de bóla. A porta é adintelada, e sobre ela represéntase en forma de figura de pedra ao santo baixo unha ornacina sustentada por un peaño. Sobre o santo atopamos un foco de luz e por encima deste represéntase nunha cartela as chaves de San Pedro e o ano de condstrucción da igrexa. A ambos os dous lados da porta álzanse 2 pequenas figuras que representan a San Xóan Bautista e á Virxe do Rosario. A torre cuadrangualr presenta 2 corpos, os 2 con balaustrada e pináculos. O corpo máis alto,cóbrese cunha cúpula de media laranxa e unha cruz. O seu tellado é a 2 augas e varios contrafuertes sosteñen os muros. Nun lateral 2 ménsulas sosteñen un pequeno tellado que resgarda unha porta adintelada. O interior conserva 6 retablos e diversa imaxinaría barroca da igrexa anterior
Ciudad máis próxima:

Vigo

Valora este recurso
5
Media: 5
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
1808
Corpo responsable
Diócesis de Tui-Vigo
Estado conservación
Ben