Convidados de excepción para o MicroSonRías gracias á colaboración da Deputación e os Rías Baixas Fest
A Deputación de Pontevedra aposta pola cultura como eixo estratéxico da acción do Gobierno e leva anos traballando de forma estreita para consolidar os Rías Baixas Fest como unha referencia nacional dos eventos de música ao vivo.
Nesta edición a crise sanitaria da Covid-19 obrigou a innovar e introducir novos formatos. Ademais de música en grupos máis reducidos, os festivais inclúen rutas de sendeirismo e múltiples actividades ligadas á gastronomía local para consolidar o seu vínculo co territorio no que se celebran.
Dentro das acción de promoción da Deputación de Pontevedra nesta ocasión o festival SonRías Baixas pon a nosa disposición dúas entradas dobres e dous abonos dobres para as rutas e actuacións do xoves e o venres e para os concertos de Arco o venres 31 de xullo e Rayden o sábado 1 de agosto.
Nesta ocasión optouse por convidar ao evento aos galardoados do concurso de fotografía gastronómica “Comemos polos ollos” a través do cal se promocionaban as materias primas de proximidade. Estas persoas son expertas comunicadoras e referentes no sector gastronómico e turístico, e recibirán como gratificación extra as entradas para o segundo dos Rías Baixas Fest que se celebra en 2020.
Destinatarios
Os dous abonos dobres para os concertos de Arco e Rayden serán para o cociñeiro Esteban Viéitez e o blogger Alberto Ribas, que acadaron a segunda posición nas categorías “Ao Natural” e “Cociñados”, respectivamente, do concurso "Comemos polos ollos".
A entrada dobre para a ruta dos muíños, micro concerto de Mounqup e a degustación de Pan de Galicia o xoves 30 irá a parar á blogger Rocío Garrido, que obtivo o primeiro premio nas categorías “Ao Natural” e “Cociñados”.
Finalmente, a consultora gastronómica Margarita Pazos Pousada, gañadora na categoría de “Mellor composición fotográfica”, recibirá a entrada dobre para participar na ruta pola parroquia de Cela o sábado 1 de agosto, con concerto de Arco incluido e unha cata e masterclass do Viño Tinta Femia.
Os gañadores deben remitir ao seguinte correo lidia.alvarez@depo.es o seu nome e apelidos, DNI, data de nacemento, teléfono móvil, código postal e email.