Patrimonio Arquelógico
Buscador

III Gran Gala de Turismo Rías Baixas

Música, humor, sorpresas e "moito glamour" encherán este próximo martes, 12 de marzo de 2019, o Auditorio Mar en Vigo, no decurso da III Gran Gala de Turismo Rías Baixas que organiza a Deputación de Pontevedra. Ás 20.00 horas, a actriz Deborah Vukusic e o actor Carlos Blanco serán as primeiras persoas que cruzarán a alfombra vermella para conducir un evento que está organizado "ao máis puro estilo cinematográfico", no que a Deputación presentará a campaña deste ano "Fame de Experiencias?", e no que 139 empresas do sector turístico das diferentes comarcas da provincia recibirán os recoñecementos SICTED, o selo que acredita a excelencia e profesionalidade.

Sígueo en directo!