Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Playas fluviales para un verano refrescante en Pontevedra - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Praias fluviais para un verán refrescante

As ribeiras dos ríos Miño, Lérez, Deza, Verdugo ou Valga acollen interesantes alternativas de lecer e baño para veranear na provincia de Pontevedra

08/06/2020

De norte a sur, a provincia de Pontevedra conta con numerosas alternativas para as persoas que prefiren gozar da auga doce nas xornadas de calor. Gozar dun pracenteiro baño na ribeira dos ríos Miño, Deza, Lérez ou Valga, entre outros, pode converter o noso día nunha estupenda oportunidade para gozar da familia ou as amizades e desconectar da rutina do día a día á beira das numerosas praias fluviais de Rías Baixas con espazos para o lecer e a diversión.


Ecosistemas incluídos na Rede Natura 2000

Na beira do río Deza, atopamos a praia fluvial da Carixa, unha grande proposta de lecer en Vila de Cruces que ademais conta con piscinas públicas. Tamén en Vila de Cruces poderemos visitar Abeseiro de Toiriz, con dúas zonas de baño para as e os adultos e para pequenos integradas no espazo natural Os Sobreirais do Arnego. O Deza tamén é o protagonista en Pozo do Boi (Lalín), cun robledal próximo ideal para comidas campestres e con zona de xogos.

De grande interese paisaxístico é a praia de Liñares, un espazo na Estrada ideal para o baño e o xogo, do mesmo xeito que O Areal de Berres. Nunha pequena presa do río Valga atopamos a praia da Ponte, con área de area, zona arborizada, merendeiros, espazo infantil de xogos e pistas deportivas. E próximo á desembocadura do río Ulla poderemos descubrir a rica flora e fauna de ecosistemas de grande valor ecolóxico, incluídos na Rede Natura 2000 e coa súa propia área recreativa, Vilarello, pensada para o lecer das e os visitantes.

Playa Fluvial Areal Berres en A EstradaAreal Berres, A Estrada
Playa Fluvial Pozo do Boi, LalinPozo do Boi, Lalín

A Calzada, en Ponte Caldelas, é a única praia fluvial con bandeira azul en España

A praia da Calzada é a única proposta fluvial con bandeira azul de España, un galardón que mantén desde 2015 esta zona de baño de Ponte Caldelas formada por unha presa de pedra nun bosque na que os bidueiros, castiñeiros e carballos converten o baño nunha experiencia excepcional. Próxima atópase a praia de Cerdedo, que permite gozar das augas do río Lérez e gozar ademais dunha piscina para as e os máis pequenos da casa. Máis ao sur e próxima a Fornelos de Montes e regada polo río Oitavén, a praia fluvial de Ponte Vilán conta cunha pequena área de recreo.

Un pequeno embarcadoiro é o punto de acceso á zona de baño de Cabanelas, a beiras do río Umia, que ao seu paso por Meis proporciona un excepcional espazo de repouso con fervenza, Pago Negro, ideal para as e os amantes do piragüismo. O mesmo Umia nutre tamén de cristalinas augas o espazo de Pontearnelas, en Ribadumia, mentres que o Verdugo debuxa ao seu paso por Pontevedra o areal de Pontesampaio. Tamén na cidade do Lérez poderemos mergullarnos en Monteporreiro, unha contorna semi urbana con multitude de servizos para goce das e os bañistas.

Playa Fluvial A Calzada, Ponte CaldelasA Calzada, Ponte Caldelas
Playa Fluvial Lérez, PontevedraMonteporreiro, Pontevedra

Rutas de sendeirismo, muíños e espectaculares vistas completan a oferta

Próxima a un muíño restaurado atópase a praia fluvial de Luneda, na Cañiza, un espazo con zonas diferenciadas de baño para nenas e nenos e para as e os adultos. Tamén de grande atractivo é o espazo da Maceira, en Covelo, situado na intersección dos ríos Fofe e Tea e próximo a un pequeno illote con árbores de grande beleza. Xa nas Neves, poderemos visitar Santa Mariña ou a praia fluvial de Portomaior, que forma parte do Carreiro dos Pescadores, unha ruta de 3,5 quilómetros pola que observar diferentes especies arbóreas autóctonas, varias pesqueiras ou antigos postos de vixilancia do contrabando.

Playa Fluvial Luneda, A CañizaLuneda, A Cañiza
Playa Fluvial Maceira, CoveloMaceira, Covelo

Coas súas propias zonas de lecer con merendeiro e praia fluvial e de pesca, a praia fluvial de Sela é unha estupenda alternativa a beiras do río Miño e moi próxima ás de San Xoán e Arbo, con augas puras e un fermoso paseo con espectaculares vistas panorámicas. Máis ao oeste, en Ponteareas, atoparemos o areal da Freixa, situado nun lugar tranquilo ideal para a desconexión no que practicar todo tipo de actividades deportivas; ou os espazos verdes das Partidas, Os Remedios e da Moscadeira, tres estupendas zonas de baño nas proximidades do río Tea.

Coñecido pola súa popular oferta termal, o concello de Mondariz alberga tamén espazos para o baño como O Val e a práctica do nudismo como a área de Ceo, rodeada dunha fermosa vexetación. Máis ao sur, na histórica localidade de Tui atoparemos a contorna de Areeiros ou as tranquilas augas da praia fluvial de Penedo. E xa na desembocadura do Miño, na Guarda, poderemos visitar A Lamiña, rodeado dun tranquilo piñeiral, e o areal de augas tranquilas do Codesal .

Playa Fluvial San Xoan, ArboSan Xoán, Arbo
Playa Fluvial A Lamina, TuiA Lamiña, Tui
Etiquetas: portada, rías baixas, verano, playas fluviales pontevedra, playa fluvial, ponte caldelas, provincia de pontevedra, liñares
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124