Rutas das Maceiras en Flor

Visitas gratuítas a plantacións e sidrarías en aldeas da Estrada. [PRAZAS ESGOTADAS]

A Deputación de Pontevedra alíase un ano máis coas e cos produtores de mazá ecolóxica da comarca de Tabeirós-Terra de Montes nunha das iniciativas turísticas de maior atractivo na provincia: as Rutas das Maceiras en Flor (Ruta Rabiosa, Ruta Peroja, Ruta Quinta das Maceiras e Ruta Camino). Así, a institución provincial organiza catro visitas gratuítas a unha plantación de maceiras e a sidrerías da Estrada o día 24 de maio. [ÚLTIMA HORA: AS PRAZAS ESTÁN ESGOTADAS].

Para cada ruta estarán dispoñibles 40 prazas e inclúese o autobús de traslado con saída desde a cidade de Pontevedra. O punto de encontro será a capela de San Roque (rúa San Roque, s/n), desde onde partirá o autobús. As persoas que participen en cada ruta deberán presentarse neste punto cunha antelación mínima de quince (15) minutos.

Requisitos

As solicitudes realizaranse cumprimentando o formulario da web (dispoñible nesta páxina, máis abaixo), a partir do mércores día 14 de maio ás 10.00 hrs da mañá, sendo a data tope para solicitalas o venres día 23 de maio ás 10.00 da mañá. Calquera solicitude fóra desas datas e horarios, non será atendida.

 
En cada solicitude de inscrición, debe constar:
 
Nome do roteiro ao que se queren apuntar (Ruta Rabiosa, Ruta Peroja, Ruta Quinta das Maceiras ou Ruta Camiño) 
Número de prazas que desexa reservar (un máximo de catro prazas por persoa)
Nome e apelidos de cada unha das persoas para as que se solicita praza
Un mail da persoa de contacto (un só mail)
Un número de teléfono da persoa de contacto 
 
Poderá reservarse un máximo de catro prazas por persoa e cubriranse as prazas por rigorosa orde de inscrición, contabilizando soamente aquelas solicitudes en que consten todos os datos que se solicitan, de forma correcta.
 
As persoas admitidas na actividade, recibirán un correo electrónico de confirmación das prazas no mail de contacto facilitado, nun período máximo de dous días desde que realizaron a solicitude, se nese prazo, non recibiron mail de confirmación, as prazas non se puideron adxudicar por completarse o aforo dispoñible e quedarán en lista de espera. En caso de dispoñibilidade posterior, informaríaselles vía mail, para confirmar se queren facer uso dela, no caso de que non contesten no prazo de 24 h, seguirá correndo a lista de espera
 
As persoas que teñan confirmada praza nun roteiro, non poderán optar a outros roteiros.
 
Os nenos de 0 a 2 anos non contabilizan se non ocupan praza no bus, pero deberase informar da súa asistencia.
 
O total de prazas por roteiro é de 40.
 
Deben presentarse no punto de partida cunha antelación mínima de quince minutos.
 
Os roteiros son gratuítos.

Ruta Rabiosa

Itinerario: Plantación de Pardemarín + Sidraría Rabiosa

10:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
11:00 h Visita á plantación (lugar de Pardemarín, parroquia de Pardemarín)
12:00 h Visita á sidrería (aldea de Pardemarín) con cata-degustación 
13:45 h Regreso a Pontevedra
14:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra

Ruta Peroja

Itinerario: Plantación de Agar + Sidraría Peroja 

10:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
11:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Outeiro, parroquia de Agar)
12:00 h Visita á sidrería (lugar de Outeiro, parroquia de Agar) con cata-degustación
13:45 h Regreso a Pontevedra
14:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra

 

Ruta Quinta das Maceiras

Itinerario: Plantación de San Miguel de Castro + Quinta das Maceiras

16:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
17:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de A Cova, parroquia de San Miguel de Castro)
18:00 h Visita á sidrería (en aldea de Castro) con cata-degustación 
19:45 h Regreso a Pontevedra
20:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra

Ruta Camino

Itinerario: Plantación de Moreira + Sidraría Camino

16:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
17:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Moreira, parroquia de Moreira)
18:00 h Saída cara á Sidrería Camino 
18:15 h Visita á sidrería (parroquia de Moreira) con cata-degustación
19:45 h Regreso a Pontevedra
20:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra