Illas Atlánticas
Un tesouro natural
As illas atlánticas ofrecen paisaxes incomparables e gardan unha impresionante biodiversidade, tanto na terra como nos seus fondos. Descubre as praias, cantís, os faros e as rutas deste territorio insular protexido que atrae visitantes de todo o mundo á provincia de Pontevedra.
Illas Cies
SSitas na entrada da ría de Vigo, as illas de Monteagudo e do Faro —unidas pola impresionante praia de Rodas e por unha ponte de pedra— conforman, coa próxima San Martiño, o fermosísimo arquipélago de Cíes, practicamente virxe e cunha cota máxima de 1 800 visitantes diarios para preservar a súa riqueza natural.
Aquelas persoas que visiten as illas atoparán praias de finísima area branca e augas cristalinas, ademais de diversas calas que fan deste lugar un enclave de entresoño. Rodas foi considerada como a mellor praia do mundo polo diario británico The Guardian. A pasarela que [MANTER LECTURA].
Illas Ons
En fronte da ría de Pontevedra, atópase este fermoso arquipélago composto polas illas de Ons e Onza, e o illote das Freitosas. Esta paraxe esconde incribles praias, covas mariñas e espectaculares acantilados, como o impresionante Buraco do Inferno. Un fermoso faro custodia a illa de Ons, que conta cun pequeno núcleo rural habitado con casas mariñeiras típicas, hórreos e unha pequena igrexa en honra a san Xaquín. Existe a posibilidade de aloxarse nun dos seus establecementos ou na zona de acampada e gozar da gastronomía das Rías Baixas. No pobo podemos visitar o...... [MANTER LECTURA].
Illa Cortegada
¿Un bosque de loureiros en plena ría de Arousa? A illa de Cortegada, separada por apenas 200 metros da costa do Carril (Vilagarcía de Arousa), alberga o bosque de loureiros de maior superficie de España, unha auténtica xoia da natureza. Neste fermoso enclave insular, especialmente frondoso, conviven árbores centenarias con especies arbóreas autóctonas, como carballos, piñeiros ou salgueiros.
Unha serie de pequenas lagoas, as ruínas dunha antiga ermida e un cruceiro forman parte desta fermosa paraxe, habitado no pasado, e crean un ambiente máxico e misterioso. A illa de Cortegada é a maior dun arquipélago que ten... [MANTER LECTURA].