Cruceiro do cemiterio de Santa Mariña de Cabral
Atópase á beira da igrexa de Santa Mariña de Cabral, dentro do cemiterio vello. Data do ano 1908 e aos seus pés ten un mesado.
Muíños de Fortiñón
Son dous muíños naviculares nos que se aprecia o compoñente central pola erosión, debido a que, cando hai marea alta, o mar cobre a roca.
Cruceiro do atrio da igrexa de Lavadores
Este cruceiro podémolo atopar pegado á esquina dereita da fachada da igrexa de Lavadores.
Cruceiro do atrio da igrexa de Valadares
Está situado no atrio da igrexa de Valadares e forma un conxunto con outras dúas cruces máis pequenas; estes tres elementos constitúen o único “calvario” existente no concello de Vigo.
Cruceiro vello de Bouzas
Está situado en pleno centro histórico de Bouzas, na rúa Cruceiro Vello. Presenta unha plataforma de tres banzos de forma cadrada e un fuste cilíndrico.
Cruceiro de Cacheno
Data de 1782 e está situado na encrucillada das rúas Cacheno e Xesteira, na parroquia de Bembrive.
Muíño de Soloeido de Arriba
Construído en 1812, é o cuarto muíño restaurado do conxunto etnográfico de Zamáns.
Muíños de Gontade
É un conxunto formado por catro muíños de cubo, illados da circulación viaria e rodeados de bosque. Atópanse ao bordo do regato da Carballosa.