Fiestas en Rías Baixas

Rías Baixas Fest

Portamérica

PortAmérica é a comuñón perfecta entre música, gastronomía, lecer e paisaxe. Cada ano trae ao concello de Portas artistas e bandas de primeiro nivel no panorama indie, rock e doutros xéneros musicais. Ademais, cociñan para o público, no seu famoso showrocking, máis de 30 chefs nacionais e internacionais baixo a coordinación do estrela Michelin Pepe Solla. As músicas e músicos únense á esta festa nos fogóns para crear unha experiencia única para o público..

Onde: Azucreira de Portas

Programa:
(Música). Mikel Izal, Los Tigres del Norte, Emilia, Love of Lesbian, Melendi, Viva Suecia, Molotov, Iván Ferreiro, Sidonie, Duncan Dhu, Ca7riel & Paco Amoroso, Javier Lekker, Martina Dirosso, La La Love You, Siloé, No te va a gustar, Recycled J, Veintiuno, Taïn, Alcalá Norte, Diego Lara, Merino, Marisa Valle Roso, Inazio, Barry B, Travis Birds, Carlos Ares, Galician Army, Carla Lourdes, Combai Danza Fundación Igualarte, Grupo de Baile Senior UNED Pontevedra.

(Gastronomía). Máis de 30 chefs no "Showrocking" baixo a dirección de Pepe Solla (Casa Solla, Poio), entre eles Jordi Roca (Celler de Can Roca, Girona), Paco Pérez (Miramar, Llançá), Ivan Cerdeño (Iván Cerdeño, Toledo), Maca de Castro (Maca de Castro, Alcúdia), Álex Marugán (Tres por cuatro, Madrid), Begoña Rodrigo (La Salita, Valencia) e Alén Tarrío (Pampín, Santiago de Compostela).

Cando: 3, 4 e 5 de xullo de 2025

Web

  •  
    Portamérica
  •  
    Portamérica
  •  
    Portamérica
  •  
    Portamérica
  •  
    Portamérica
  •  
    Portamérica