Rutas das Maceiras en Flor
Visitas gratuítas a plantacións e sidrarías en aldeas da Estrada. [PRAZAS ESGOTADAS]
A Deputación de Pontevedra alíase un ano máis coas e cos produtores de mazá ecolóxica da comarca de Tabeirós-Terra de Montes nunha das iniciativas turísticas de maior atractivo na provincia: as Rutas das Maceiras en Flor (Ruta Rabiosa, Ruta Peroja, Ruta Quinta das Maceiras e Ruta Camino). Así, a institución provincial organiza catro visitas gratuítas a unha plantación de maceiras e a sidrerías da Estrada o día 24 de maio. [ÚLTIMA HORA: AS PRAZAS ESTÁN ESGOTADAS].
Para cada ruta estarán dispoñibles 40 prazas e inclúese o autobús de traslado con saída desde a cidade de Pontevedra. O punto de encontro será a capela de San Roque (rúa San Roque, s/n), desde onde partirá o autobús. As persoas que participen en cada ruta deberán presentarse neste punto cunha antelación mínima de quince (15) minutos.
Requisitos
As solicitudes realizaranse cumprimentando o formulario da web (dispoñible nesta páxina, máis abaixo), a partir do mércores día 14 de maio ás 10.00 hrs da mañá, sendo a data tope para solicitalas o venres día 23 de maio ás 10.00 da mañá. Calquera solicitude fóra desas datas e horarios, non será atendida.
Ruta Rabiosa
Itinerario: Plantación de Pardemarín + Sidraría Rabiosa
10:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
11:00 h Visita á plantación (lugar de Pardemarín, parroquia de Pardemarín)
12:00 h Visita á sidrería (aldea de Pardemarín) con cata-degustación
13:45 h Regreso a Pontevedra
14:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra
Ruta Peroja
Itinerario: Plantación de Agar + Sidraría Peroja
10:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
11:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Outeiro, parroquia de Agar)
12:00 h Visita á sidrería (lugar de Outeiro, parroquia de Agar) con cata-degustación
13:45 h Regreso a Pontevedra
14:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra
Ruta Quinta das Maceiras
Itinerario: Plantación de San Miguel de Castro + Quinta das Maceiras
16:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
17:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de A Cova, parroquia de San Miguel de Castro)
18:00 h Visita á sidrería (en aldea de Castro) con cata-degustación
19:45 h Regreso a Pontevedra
20:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra
Ruta Camino
Itinerario: Plantación de Moreira + Sidraría Camino
16:00 h Saída de Pontevedra (capela de San Roque, r/San Roque s/n)
17:00 h Visita á plantación e á sobreira (lugar de Moreira, parroquia de Moreira)
18:00 h Saída cara á Sidrería Camino
18:15 h Visita á sidrería (parroquia de Moreira) con cata-degustación
19:45 h Regreso a Pontevedra
20:45 h Hora aproximada de chegada a Pontevedra