Xornada informativa do Plan de Calidade do Sicted

Comprácenos trasladarlle a invitación á presentación do proxecto “Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos” (SICTED) da Provincia de Pontevedra – Rías Baixas, que terá lugar de forma presencial na sede de Turismo Rías Baixas sita no Palacete das Mendoza, Avenida de Santa María s/n, e que tamén se poderá seguir en liña en directo, a través da ferramenta Zoom, o martes 22 de febreiro as 10.30 hrs.
O obxectivo deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.
Os beneficios que ofrece para a súa empresa son, entre outros:
- Mellorar a xestión interna, estruturando os procesos.
- Xerar un sistema documental.
- Orientar as e os responsables sobre as posibles melloras a acometer.
- Incrementar a cualificación do equipo mediante un plan formativo.
- Recibir asistencia técnica e apoio para acadar a mellora continua.
- E a exhibición dun distintivo que acredite o nivel de calidade obtido tras un proceso de avaliación anual.
Os proxectos SICTED están financiados pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.
A obtención do certificado SICTED, sen ningún custo para o seu negocio, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora desa competitividade nas entidades do sector turístico, e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua.
Por todo iso, animámoslle a que coñeza e participe nesta iniciativa e confiamos en que poida ser proveitoso para o seu negocio.
Asismismo informarémoslles e presentarémoslles o proxecto Interreg SUDOE Greentour – Economía circular e turismo sostible en destinos do espazo SUDOE.
Greentour ten o obxectivo de avanzar cara a un novo modelo ambiental, económico e social, á vez que se informa ao consumidor e obtense o seu compromiso coa contorna no que se desenvolve a actividade turística. O proxecto supón unha oportunidade para incorporar servizos má s competitivos que respecten o patrimonio natural e cultural, achegando valor socioeconómico á rexión SUDOE, e fortalecendo ao sector fronte a futuros retos e desafíos. O obxectivo é saber cal é a situación ambiental do territorio no presente para poder detectar os puntos débiles e proporcionar ferramentas de mellora que poden acabar desencadeando en beneficios para os establecementos a nivel económico e social á parte de ser máis sostibles.
Así mesmo, no marco da intervención, presentarase a ferramenta de cálculo aloxada na páxina web do proxecto e o proceso de rexistro e adhesión de establecementos para realizar o cálculo do impacto ambiental.
Para inscribirse nesta xornada, pulse na seguinte ligazón indicando se vai asistir en liña ou presencialmente:
Inscripción
NOTAS IMPORTANTES PARA A ASISTENCIA ON LINE EN DIRECTO:
1.- A reunión celebrarase de modo telemático empregando a plataforma zoom. O enlace á reunión enviarase unha vez confirmada a participación.
2.- Para asegurarnos dunha correcta organización e conexión de tódolos participantes, deberase ingresar na reunión con quince minutos de antelación.
3.- Imprescindible identificarse unicamente co nome da empresa, seguido da persoa participante, isto é: “empresa-nome participante”.
4.- Cada participante, por defecto, terá o micrófono silenciado ao entrar á sala, se desexa facer algunha pregunta, deberá enviar unha mensaxe privada ó moderador da Deputación de Pontevedra, o cal terá o nome de “Deputación Pontevedra – chat”
5.- Cando dispoña da quenda de palabra, agardar a que se lle active o micrófono para comezar a falar, nunca antes.
6.- Calquera outra dúbida ao respecto contacten por favor co centro de atención ao usuario da Deputación (886210210).