Festa dos Maios
Como cada mes de maio, a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo realiza a tradicional Festa dos Maios para festexar a estación primaveral.
Fogueiras de San Xoán
Ligada ás celebracións na que se festexaba a chegada do solsticio de verán, o rito principal consiste en acender unha fogueira.
Fiesta do Cristo da Vitoria
Constitúe a festa principal da Cidade Olívica. Nela realízase unha multitudinaria procesión do Cristo da Vitoria, que ten lugar o primeiro domingo de agosto.
Festa da Virxe da Ascensión
No barrio de Bembrive teñen lugar as festas dedicadas a esta virxe. Nelas, as veciñas e veciños participan nos actos relixiosos na súa honra e gozan das actuacións das orquestras na verbena.
Fiesta do Polbo
Festa gastronómica que ten lugar no parque forestal do Monte dos Pozos, na parroquia de Valadares.
A Brincadeira
Festa de época medieval ambientada en 1809, cando, do mesmo xeito que Lavadores, Bouzas era un municipio independente que non puido fuxir da invasión dos soldados napoleónicos.
Festa da Virxe do Rosario
A parroquia de San Andrés de Comesaña realiza as súas festas relixiosas na honra desta virxe.