Augas para coidar o corpo e a mente
As augas termais son un luxo para os sentidos. Rodeados de natureza, historia e patrimonio, o benestar que achegan os balnearios de Caldas de Reis e de Cuntis esténdese alén dos seus tratamentos
As augas do norte das Rías Baixas garanten unha saudable escapada termal. Caldas de Reis, na ribeira do río Umia, figura como parada obrigada para quen busca coidar o seu corpo e o seu espírito. O seu xardín centenario, o pulmón verde do municipio, é só un dos seus moitos atractivos. O Camiño de Santiago cruza esta localidade cuxa localización e riqueza termal propiciaron a creación dos históricos balnearios de Dávila e Acuña. O balneario de Dávila, construído a finais do XVIII, e o de Acuña, de comezos do século XIX, ofrécenlles aos seus visitantes un amplo abanico de tratamentos terapéuticos e de beleza.

Son moitos os peregrinos e peregrinas que acoden para atopar repouso e afrontaren as últimas dúas etapas do Camiño Portugués cara a Compostela. Nesta fermosa vila é imprescindible visitar o conxunto histórico, pasear pola carballeira próxima ao río e admirar a fervenza de Segade.
Os peregrinos e peregrinas que percorren o Camiño Portugués atopan repouso nos históricos balnearios
Destacan ademais a centenaria fonte termal da Burga e dúas igrexas. A primeira é a única en Galicia dedicada a San Tomás Becket, que realizou aquí una das paradas na súa peregrinación cara a Santiago. Para a súa construción utilizáronse pedras da torre de dona Urraca en Caldas de Reis, onde naceu o rei Alfonso VII. A segunda, a igrexa románica de Santa María, inclúe nos seus muros inscricións sobre o Camiño.

CUNTIS. No val do río Galo atopamos o municipio de Cuntis rodeado de verdes montañas. É a contorna ideal para que as e os viaxeiros desconecten da rutina diaria. A auga mineromedicinal das Termas de Cuntis devolverá o benestar físico e mental a calquera visitante. Ofrece tratamentos comúns contra o estrés, de fisioterapia ou beleza, e outros máis especializados.
CULTURA DOS CASTROS
Nesta localidade das Rías Baixas poderás penetrar na cultura dos castros e visitar o de Castrolandín. Este xacemento arqueolóxico, de finais da idade de ferro, habitárono entre os séculos IV a. C. e I d. C., época na que foi abandonado coa chegada dos romanos.

Una "carballeira" exótica y hermosa
La Carballeira centenaria de Caldas de Reis, Bien de Interés Cultural (BIC) por la gran calidad y diversidad de especies arbóreas de todo el mundo que concentra, es uno de los parajes más hermosos de la provincia de Pontevedra. A orillas del río Umia, que baña esta histórica villa termal, sus árboles autóctonos y exóticos, algunos de ellos incluidos en el Catálogo Gallego de Árboles Singulares, conviven con hermosas camelias, flor insigne de As Rías Baixas.
Non o podes perder...
- Os balnearios Acuña e Dávila
- A fonte termal da Burga
- As termas de Cuntis
- O xacemento de Castrolandín