Ir o contido principal
INSPÍRATE

Visita un templo da conserva

No Carril poderás coñecer todos os segredos da produción artesanal, desde a selección dos mellores moluscos da ría ata a preparación das salsas para as conservas. Próbaas todas!

Unha das singularidades que ofrece O Carril é a posibilidade de ver as mariscadoras recollendo moluscos na ría de Arousa e as construcións tipicamente mariñeiras da parroquia. Vilagarcía atesoura un patrimonio industrial importante e acolle unha das conserveiras máis prestixiosas de Galicia.

A palabra «peperete» evoca algo apetitoso e agradable. É tamén o nome elixido por unha conserveira histórica (Os Peperetes) que traballa a diario co agarimo que caracteriza a produción artesanal e deulle fama aos exquisitos moluscos da provincia de Pontevedra.

Peperetes2C

As conservas ocupan un lugar cada vez máis destacado na cociña moderna. Hai gran variedade e, sobre todo, unha excelente calidade. Que mellor que preparar unha cea na casa e maridar as exquisitas conservas das Rías Baixas cun bo albariño e delicioso pan do Porriño.

“A familia aposta por un produto 100% artesanal de altísima calidade. Un auténtico ritual”

Pero empeza polo principio! Achégate á vila mariñeira do Carril e visita esta pequena conserveira de carácter familiar onde se trata o produto con sumo coidado e poderás elixir entre unha gran variedade de deliciosas receitas.

CentroConservaC

O primeiro sector industrial de Galicia

Nos anos vinte do século xix construíuse a primeira fábrica española de conservas. Na década de 1880 xa existían 40 firmas en todo o territorio, sete en Galicia. A produción era limitada e envasábase en frasco de cristal porque había que importar a lata de Inglaterra. A crise conserveira en Francia acaba beneficiando a Galicia, que en 1882 pon en marcha a súa industria destacada. No Centro de Interpretación da Conserva na Illa de Arousa poderás coñecer a fondo todo o proceso produtivo.

Peperetes3C

Historia e degustación

Historia e desgustación

A visita guiada a este templo da conserva divídese en varias partes. A primeira céntrase no medio natural e nos seus recursos, ademais de nunha breve historia sobre como a industria conserveira transformou a sociedade. A segunda parte da mostra aborda a idea da manufactura tradicional. O percorrido finaliza coa degustación de produtos cun albariño fresco.

vistacortegada
Desplegable