Ir o contido principal
INSPÍRATE

Faros

A tradición mariñeira da provincia de Pontevedra deixou pegada no seu litoral con importantes faros, testemuñas de naufraxios, tempestades e lendas cargadas de misterio, en enclaves de auténtica beleza. A súa luz guiou a xente do mar na escuridade do océano desde tempos inmemoriais. Hoxe obsequian a quen os visita unha panorámica de beleza extraordinaria.

Comezando polo norte, o faro de Punta Cabalo, na Illa de Arousa, ofrece unha fermosa instantánea da ría e as súas bateas. No outro extremo da illa, o parque natural do Carreirón permite ao visitante contactar coa natureza e gozar das súas praias únicas.

Xa na Ría de Pontevedra, o faro de Tenlo Chico eríxese na parte sur da Illa de Tambo, próxima á encantadora vila mariñeira de Combarro. Desde o paseo do porto deportivo de Marín gózase dunha bela estampa deste vixía do mar.

En Ons, unha das fermosas illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, atópase un dos faros máis grandes e de maior alcance de España. Está situado na cima do monte Cucarno, e foi acendido por primeira vez no ano 1865. Enfronte e en terra firme, o faro de Cabo Home preside a Costa da Vela, na península do Morrazo. Un vixía do Atlántico e un lugar de beleza excepcional, perfecto para unha ruta costeira con vistas únicas ás Illas Cíes, na que outros puntos de parada obrigada son os faros de Punta Robaleira e Punta Subrido.

Chegar ás Illas Cíes, atravesar unha pasarela coas ondas rompendo aos teus pés e descubrir unha das mellores praias do mundo, a de Rodas, é unha experiencia única. Dous faros resgardan a Illa do Faro, situada entre Monteagudo e San Martiño. A subida á estrutura principal, unha gran lanterna do Atlántico a case 180 metros de altura, é todo un reto, pero unha vez alí as panorámicas do arquipélago, dos cantís e da ría de Vigo son un agasallo para a vista. O faro da Porta, de camiño a este gran gardián das illas, desprende moito encanto.

A cidade de Vigo conta no monte da Guía cun miradoiro sobre a ría, indispensable para contemplar ese atardecer que garantirá as mellores fotos. Alí, á beira do mar, atópase outro singular faro. A lanterna guiaba no pasado as embarcacións que navegaban pola enseada de San Simón, sendo a súa lazareto naquela época a razón do importante aumento do tráfico marítimo. Sen saír de Vigo atopamos outro faro emblemático, fronte ao Museo do Mar, que custodia a cidade e permite gozar a quen o visita de excelentes vistas á ría.

A tradición mariñeira da provincia de Pontevedra deixou pegada no seu litoral con importantes faros, testemuñas de naufraxios, tempestades e lendas cargadas de misterio, en enclaves de auténtica beleza.

Ao sur, o lendario faro de Cabo Silleiro marca o punto de entrada á ría de Vigo xusto no límite entre Oia e Baiona. A torre, coa súa particular forma de prisma, conta cunha altura de 30 metros coroada por unha poderosa luz branca cun alcance duns 65 quilómetros.

Silleiro_MG_3233_apunte_02

Who is living there?

The lighthouse-keeper had an aura of mystery and romance, women and men were consecrated to the protection of the coast leading an almost hermit's life. The Ons lighthouse is one of the few that still keeps this traditional trade that has been lost in recent years in other coastal towers.

Faro-Cíes-02
cabo_silleiro_faro_nocturna
faro_ons_01
punta robaleira
cabo_home_faro_01
Desplegable