Ir o contido principal
14 de Febreiro de 2025

As axudas están dirixidas a actividades turísticas, promoción de eventos deportivos e reforzo de persoal na rede Info Rías Baixas.

Palacete de las Mendoza

Impulso á promoción turística e aos eventos deportivos

A primeira liña de subvencións diríxese a entidades sen ánimo de lucro, que poderán optar a un máximo de 5.500 euros por iniciativa, sempre que a axuda non supere o 70 % do custo total. Os proxectos deberán executarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, e orientarse a mellorar aspectos como a sustentabilidade, accesibilidade e calidade do turismo, ademais de difundir recursos vinculados ao patrimonio natural, cultural, lingüístico, a gastronomía, as festas tradicionais ou o termalismo.

En canto ao deporte, a Deputación reafirma o seu compromiso cos eventos que xeran atracción turística. Esta liña de axudas, xa implantada con éxito o ano anterior —cando se esgotou todo o orzamento e se apoiou a unha ducia de clubes e asociacións—, permitirá en 2025 que cada entidade reciba ata 9.000 euros, cun límite do 40 % do orzamento do evento. O obxectivo, segundo López, é incrementar as pernoitas e dinamizar a economía local a través da chegada de visitantes.

Apoio á rede Info Rías Baixas

A terceira partida orzamentaria, con 280.000 euros, dedicarase a garantir a cobertura de persoal nas 31 oficinas que forman a rede Info Rías Baixas. As axudas cubrirán tanto os soldos do persoal público como os gastos derivados da contratación de servizos externos.

Para acceder a estas axudas, as persoas contratadas deberán contar con formación específica: unha titulación universitaria en Turismo, un ciclo de Formación Profesional vinculado á área (como Guía, Información e Asistencia Turística ou Comercialización Turística), ou un certificado de profesionalidade en promoción turística local e información ao visitante.

Cada entidade poderá recibir ata 7.000 euros pola contratación dun informador turístico. No caso dos municipios que teñen a declaración de “turísticos”, a axuda poderá alcanzar os 14.000 euros se se contratan dous profesionais.

Volver a noticias