Ir o contido principal

Calvario de Santa María de Carracedo

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Caldas de Reis

Santa Mariña de Carracedo
Caldas de Reis Pontevedra
España

Teléfono
Calvario formado polo cruceiro central de maior tamaño e dous laterais máis pequenos. O cruceiro central nace sobre unha plataforma de sección octogonal feita en cachotería. A continuación dous chanzos de sección octogonal. A base, de sección troco-piramidal, presenta varios relevos que mostran caveiras, tíbias cruzadas e lagartos. O varal nace cunha sección cadrada cos catro lados decorados con tíbias cruzadas, caveiras, cravos e a cruz de Santo André. A continuación o varal segue en sección cilíndrica con acanaladuras e con dúas imaxes (San Francisco e Santiago Apóstolo). O capitel é de estilo xónico con motivos vexetais, volutas e cabezas de anxo. O cruceiro remata cunha cruz na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INNRI no anverso, e a Virxe no reverso. A cruz do lateral esquerdo nace sobre unha base tronco-cónica. Posúe sección octogonal coas arestas rebaixadas. A cruz do lateral dereito nace sobre unha base cúbica. Posúe sección octogonal coas arestas rebaixadas
Máis información sobre
Caldas de Reis
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben