Carnaval y entierro del Ravachol
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Casco Histórico de la ciudad
36002 Pontevedra Pontevedra
España
Teléfono
A festa do Entroido garda unha longa tradición, e tradúcese nunha semana de celebracións que atrae a numerosos visitantes, pola riqueza e a variedade da súa proposta. A chegada do Rey Urco, coa súa manda de cans, é unha das peculiaridades dos entroidos pontevedreses, que arrincan o venres anterior ao comezo da Coresma.
Os desfiles e concursos de disfraces, as xornadas gastronómicas e concursos de filloas, a mostra da parodia ou o concurso de charangas sucédense ata chegar ao verdadeiro día grande dos entroidos, o Venres de Entroido, cando os veciños saen á rúa rigorosamente vestidos de loito para celebrar o enterro do papagaio Ravachol formando un multitudinario cortexo que parte da Praza da Verdura e termina na da Herrería, despois de percorrer boa parte da cidade vella.
A queima simbólica, na Herrería, do cadáver do papagaio, que cada ano aparece disfrazado cun motivo de actualidade diferente, e as súas honras fúnebres, incluída unha necrológica na que se fai repaso dos principais asuntos candentes da cidade, significan o final da festa, antes de entrar nos rigores da Coresma. A casualidade quixo que Ravachol morrese precisamente en entroidos e o seu duelo, segundo as crónicas do ano 1.913, foi todo un espectáculo multitudinario; desde entón o enterro do papagaio substitúe en Pontevedra ao popular enterro da sardiña
Valora este recurso

Fecha de celebración
Inicio:
01/01/2025
Fin:
01/01/2025
Aparcamento
Si. Pagar
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Corpo responsable
Concello de Pontevedra
Actividades animación
Para familias