Ir o contido principal

Casa Spa Hijos Dalgo

Máis información sobre
Crecente

Calle Pousa s/n- Crecente ( Pontevedra)
36493 Crecente (San Pedro) Pontevedra
España

Esta casa rural está situada nun sitio tranquilo e con vistas ós vales. Dispón de 10 habitacións dobres equipadas con televisión, baño, ducha, armarios e internet. Na casa hai unha sala de estar con sofás e televisión para a comodidade dos turistas. A cociña dispón de varias mesas, con fío musical e varios produtos para servirse libremente no almorzo. Arriba xunto ás habitacións tamén hai unha pequena biblioteca para que os visitantes poidan ler, charlar e ter vistas cara a varios bosques autóctonos. No seu parte exterior ten un xardín con xogos para nenos, unha piscina ampla con terraza e cadeiras. Máis arriba da piscina hai unhas tumbonas e un asadero para o máximo confort dos turistas. Por baixo da casa, ó baixar unhas escaleiras hai unha sala grande de lecer con televisión, sofás, equipo de música e internet e onde se poden celebrar festas e aniversarios. A dona soamente ofrece almorzos e ceas. A casa rural ten varias ofertas durante o ano como: cea románticas, noites con Spa, festas de Fin de Ano. O prezo das ofertas varía dependendo da época do ano
Máis información sobre
Crecente
Valora este recurso