Citania de Santa Trega
Ciudad máis próxima:
Vigo
Monte de Santa Tegra
36780 A Guarda Pontevedra
España
Teléfono
Trátase dun poblado castrexo-romano cuia ocupación sitúase entre os século IV a.C. e I d.C. nun período de proceso de romanización do noroeste peninsular.
Trala excavación realizad nos anos 80, só se podía visitar a zona septentrional, un 20% do asentamento na zona máis alta do monte. Esta zona está delimitada por unha sinxela muralla que acolle unha extensión do terro cuns eixes de 700 metros de norte a sur e 300 metros de este a oeste, e trátase dun dos maiores castros atopados en terras galegas. O deseño da muralla parece primar unha función de delimitación do terro respecto ó entorno, fornte ás funcións defensivas ou disuasorias, e foi realizada en canteiría trabada con barro sen sobrepasar os 160cm de grosor. As cabanas teñen prantas circulares ou ovaladas e son exentas, non compartindo paredes medianeiras.
Tamén son excepcións as poucas cabanas con pranta cadrada e estas presentan, na súa maioría, esquinas en arco. Aséntanse directamente sobre a rocha nai e os seus muros estan recubertos cun morteiro de cal e area. No interior, algunhas presentan bancos adosados e o pavimento dalgúns casos é de terra pisada e noutros de lousa. En moitos dos umbrais de entrada pódense ver goznes, buracos nos que se axustarían as portas.
Foron moitoos os achados atopados e destaca unha gran cantidade de restos de cerámica atopada, feito común ós castros galaicos, tando de cerámica indíxena, caracerizados por ter pastas oscuras e modeladas á man ou con torno lento, como numerosos restos de outras variedades típicas do mundo romano, como a cerámica campaniforme, de característico barníz verde e partes de terra sigillata con seu característico barníz vermello, así como restos da chamada cerámica común romana. Abundantes foron tamén os achados de vidro romano de variadas formas e tonalizades, gran cantidade de contas de collar feitas de vidro, colgantes de bronce, fichas de xogo e orfebrería.
Entre os anos 2015 e 2016, tras unha nova excacación no asentamento realizada pola Deputación de Pontevedra, atopáronse novos e importantes achados coma unha cabeza pétrea, ánforas romanas, lucernas romanas, pezas de Terra Sigillata, fragmento de labras decoradas e máis de 42.500 pezas ademáis de elementos pétreos.
Santa Trega é, sen dúbida, un dos legados patrimoniais máis importantes das Rías Baixas e de Galicia
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Taxa
Acceso al monte: 1€, niños: 0,50€
Asignación/Tipoloxía
Castro
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Altitude
20ha.
Localización depósito
Museo Arqueológico de Santa Trega y Museo Provincial de Pontevedra
Corpo responsable
Patronato del Monte de Santa Trega
Orixe dos materiais
Materiales encontrados durante las excavaciones realizadas en el Castro desde 1913
Revalorización
Excelente
Grao de alteración
Baixo
Axentes de destrución
Organismos de actividades agropecuarias, obras públicas y administración local
Causas de destrución/alteración
Agentes naturales, actividades forestales/agrícolas, construcciones varias (carretera, edificios,etc...), actividades furtivas
Estado conservación
Ben