Cruceiro de ánimas de Rons
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Lugar de Pidre, San Vicente de Cerponzóns
36002 Pontevedra Pontevedra
España
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue coas arestas rebaixadas. Na súa metade podemos ver dúas imaxes.
O capitel, de estilo xónico con volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coroada por dous anxos e apoiada sobre unha peaña no reverso.
Ao carón de Cristo crucificado podemos ver unha figura, que semella ser San Francisco de Asís, recollendo o sangue cun cáliz
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben