Cruceiro de A Illa dos Ratos
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Oeste, en pleno río Ulla
Catoira Pontevedra
España
Teléfono
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen base e cun pedestal cúbico achafranado. O varal empeza cuadrangular ata un terzo do mesmo para pasar a ser octogonal diminuíndo a súa sección ata o capitel. Máis ou menos pola metade do varal, no anverso, presenta unha figuriña de Santiago Apóstolo coa cabeza rota. O capitel cuadrangular, con astrágalo octogonal e ábaco cuadrangular, de lados rectos, ten cruces de Santiago separados por espirais. A súa cruz cuadrangular, cos brazos en chafrán, presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Mira ó fronte e leva unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita e o pé dereito vai por riba do esquerdo. Polo reverso da cruz fica a Virxe María coas mans sobre o peito en actitude de orar pousada sobre unha cuncha de vieira
Valora este recurso

O tempo nesta zona
Figuras de protección
Área Protexida Rede Natura 2000 - Lugar de Importancia Comunitaria (SCI)
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Fluvial
Cronoloxía
año 1960
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben