Cruceiro de Marán
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Santa Mariña de Arcos da Condesa
Caldas de Reis Pontevedra
España
Teléfono
Cruceiro moderno levantado no ano 1967 como aparece sinalado na base. Ten por alicerce soamente un chanzo no que se ergue unha primeira base tronco-piramidal de grandes proporcións que a súa vez sostén a verdadeira base cúbica na que se finca o varal. A base presenta as arestas altas rebaixadas O fuste é primeiramente rectangular e despois octogonal. Capitel de catro lados curvos con botóns florais no centro, espirais nas esquinas e follas por abaixo. Cruz cilíndrica con vultos simulando os nós da madeira. Figura só polo anverso cun Cristo de tres cravos baixo cartel de INRI e pegado á cruz. Mans abertas, nó do pano na banda dereita e o pé dereito cubrindo o esquerdo.
Destacan os longos epígrafes na base escritos en galego (hai que ter en conta que estábase baixo a ditadura de Franco cando foi levantado) e sendo un dos poucos en utilizar o noso idioma no concello.
Na base podemos ler:
-“Onde se ergue este cruceiro foi pazo de Souto Maran dos Lopez Nodal, caste dos famosos navegantes Bartolomeu e Gonzalo, que fixeron a descuberta do estreito chamado de Lamaire 1.817”.
-“A sua filla e herdeira doña Xoaquina Lopez Nodal Mariño de Lobeira casou con don Xose Maria Gonzalez Pardo Losada señor de Cardexia Herbes e Rebel.”
-“Queimaron o pazo os franceses e mataron nel ao derradeiro señor deste apelido don Melchor Lopez Nodal. 1.809”
Valora este recurso

Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben