Ir o contido principal

Cruceiro de Nuestra Señora del Libramiento

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
Covelo

San Bartolomeu de A Lamosa
Covelo Pontevedra
España

Cruceiro situado nun pequeno xardín de buxos e protexido cun enreixado metálico. Nace sobre dous chanzos de sección cadrada, o superior coas arestas rebaixadas. A súa base aparece profusamente decorada nos seus catro lados por nichos nos que aparecen representadas Eva espida, Adán, Eva ao carón da Árbore da Sabedoría e por último Adán implorando perdón a Deus. A continuación o varal de sección cilíndrica con estrías con varias imaxes: * a da Virxe do Libramento sobre unha peaña coa seguinte inscrición: “Nr. S. LIBRAMENTO”. * San Bartolomeu pisando ao demo sobre peaña coa seguinte inscrición: “S. BARTOLOME”. O capitel, de estilo corintio, posúe caras de anxo nos catro lados. A cruz é de sección circular, leñosa, con nós. No anverso podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue do seu costado
Máis información sobre
Covelo
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben